Deputación de Lugo

COMUNICADO OFICIAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Imaxe deputación de lugo

1.- A Deputación de Lugo coñeceu este mediodía que o Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo emitiu notificacións, dirixidas a varios funcionarios e extraballadores desta institución, así como ao seu anterior Presidente. Correspóndense, exactamente, ás mesmas dilixencias que se iniciaron hai 3 anos, no 2013, por un presunto caso de acoso laboral entre dous traballadores desta administración, tal e como publicaron os medios de comunicación por aquel entón.

2.- Hai que destacar que a Deputación de Lugo actuou sempre conforme á legalidade, axustándose aos procedementos e expedientes, e superando todas as auditorías externas, así como os controis do Tribunal de Contas, do Ministerio de Administracións Públicas e do Poder Xudicial.

3.- A Deputación de Lugo manifesta a súa plena confianza no labor e traballo levado a cabo polo anterior Goberno Provincial, e no realizado polos traballadores desta administración.