O Museo Provincial da Deputación recibe dous cadros do artista lucense Jesús Rodríguez Corredoira
- A Deputada de Cultura presentou na sala Corredoira doMuseo, Retrato de Consuelo Feijoo e Retratode Andrea Varela, as pinturas doadas por Soledad Varela Ortega- García Porto subliñou que esta presentación representaunha das apostas da Deputación que contribúe ao recoñecemento do traballo dosartistas lucenses a través da Rede Museística- As dúas obras amplían a colección que posúe o MuseoProvincial de Lugo do artista lucense
A súa etapa mística coincide cos anos vividos en Lugo, naque pinta cadros de gran formato utilizando os fondos de base negros, configuras cunhas carnacións dun branco espectral, influenciadas pola pintura deEl Greco. A súa privilexiada posición social lle levará a converterse no pintorda burguesía e do clero, deixando patente a súa orixinal faceta de retratista. Opintor faleceu en 1939 en Portela de Roxos, Santiago de Compostela.