Deputación de Lugo

A Deputación únese ao minunto de silencio na Praza Maior polas vitimas do terrorismo machista

O Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, acompañado doutras autoridades da provincia, participou este luns no minuto de silencio que tivo lugar na Praza Maior lucense en repulsa dos asasinatos machistas que tiveron lugar esta fin de semana en Santiago de Compostela, Vigo e Tarragona. A violencia de xénero é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres na sociedade actual.