Deputación de Lugo

A Deputación abre mañá o prazo das axudas de 75.000 euros para deportistas individuais da provincia

Imaxe deputación de lugo
- Son as subvencións de concorrencia competitiva ás que poden optar todos os deportistas lucenses que o desexen. Terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros para axudar a sufragar os gastos da tempada - Por 1ª vez, valoraranse os resultados acadados nas competicións provinciais, galegas, estatais e internacionais. Ademais, duplícase, con respecto ano ano pasado, o orzamento das axudas para deportistas con capacidades diferentes - Os interesados poden atopar o modelo de solicitude no apartado habilitado en www.deputacionlugo.gal. O prazo permanecerá aberto dende mañá e ata o vindeiro día 18 de novembro

A Deputación abre mañá, luns 7 o prazo de solicitude das subvencións de 75.000 euros de concorrencia competitiva para deportistas individuais da provincia de Lugo, coas que o organismo provincial premia o esforzo competitivo introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a concesión destas axudas. Ademais, favorecer a actividade de persoas con capacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respecto ao ano pasado.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día venres 18 de novembro, inclusive. Na páxina web do organismo provincial, www.deputacionlugo.gal, hai habilitado un apartado con toda a información e o modelo de solicitude para a súa descarga. Poden acceder ás bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015 participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

Esforzo competitivo
O Goberno da Deputación decidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máis transparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Por 1ª vez, se terán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte: 

POSTO

PROBAS CAMPIONATOS DO MUNDO

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDO

PROBAS CAMPIONATO DE EUROPA

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPA

PROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑA

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑA

PROBAS CAMPIONATOS GALEGOS

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOS

PROBAS CAMPIONATO PROVINCIAL

PROBAS CAMP. UNIV. GALEGO

PROBAS CAMP. UNIV. ESTATAL

PROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL

60

10

40

7

30

5

20

3

10

3

5

10

54

9

36

6,3

27

4,5

18

2,7

9

2,7

4,5

9

48

8

32

5,6

24

4

16

2,4

8

2,4

4

8

42

7

28

4,9

21

3,5

14

2,1

7

2,1

3,5

7

36

6

24

4,2

19

3

12

1,8

6

1,8

3

6

30

5

20

3,5

16

2,5

10

1,5

5

1,5

2,5

5

24

4

16

2,8

13

2

8

1,2

4

1,2

2

4

18

3

12

2,1

10

1,5

6

0,9

3

0,9

1,5

3

12

2

8

1,4

7

1

5

0,6

2,5

0,6

1

2

10º

10

1

6

0,7

5

0,5

3

0,3

2

0,3

0,5

1

4 grupos de beneficiarios
As axudas, que terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cada unha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:

- Ata 16 anos (todos os/as nacidos no ano 1999 e posteriores). Para este grupo destinaranse un total de 40.000 euros do orzamento total da convocatoria, fomentando o deporte base.

- De 17 ata 25 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1990 e 1998, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 20.000 euros do orzamento total da convocatoria.

- De 26 ata 35 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1980 e 1989, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 5.000 euros do orzamento total da convocatoria.

- Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade) que participen nas distintas competicións e disciplinas. Para este destinaranse 10.000 euros do total do orzamento da convocatoria, o que supón o dobre que no 2015.