Deputación de Lugo

Pilar García Porto no Folión dos Carros de Chantada

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou onte á noite no Folión dos Carros de Chantada, declarada Festa de Interese Turístico Galego. Esta celebración consiste na representación con carros dos oficios ou esceas tradicionais tirados de bois e vacas. O Goberno da Deputación apoiou este certame coa reparación de 6 carros que se exhibiron neste desfile, e que o organismo provincial financiou con 2.500 euros; co obxectivo de recuperar e impulsar este tipo de tradicións ligadas á cultura galega e moi enraizadas na Comarca de Chantada.