A XXI Feira do Libro de Viveiro albergará 10 stands e numerosas actividades, co apoio do Goberno da Deputación

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesade Viveiro, María Loureiro García, presentaron este venres a XXI Feira doLibro de Viveiro, que terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela, do sábado12 de agosto ao mércores 16, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadaspola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, ea representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que secelebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia,co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Porto subliñou que unha vez máis, colaboramoscon este tipo de iniciativas que
que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosacultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso donoso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos ohábito lector entre pequenos e maiores.
A Deputada de Cultura engadiu que este ano haberá unhacaseta máis que na pasada edición e, ao longo dos cinco días que durará aFeira, pasarán por aquí máis de 35 escritores e personaxes do mundo do libro.
10 stands con descontos
A XXI Feira do Libro de Viveiro inaugurarase o sábado12 ás 19:30 horas co pregón infantil a cargo de Andrea Dovale e da escritoraVanesa Santiago. En total, haberá 10 casetas de librerías, que ofrecerán un 10%de desconto en todos os libros. Ademais, a Deputación tamén instalará un standcon publicacións editadas polo organismo provincial, e a Fundación TIC, gravaráa feira para promover e difundir o evento por toda a provincia.
O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas,exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.
Tamén haberá un sorteo de 200 exemplares entre todas aspersoas que participen no concurso Elixe aos teus favoritos, votando o seulibro, escritor e librería preferidos. As librerías participantes son: LibraríaPedreira, Arigató Cartabón, Nobel Burela, Aenea, Cortizas, Gato Neghro, Portada Vila e Seminario de Estudos Terras de Viveiro.