Deputación de Lugo

A cadea crítica dos nosos instrumentos de Xavier Blanco e Os Marcianos non son verdes de Mónica Alonso protagonizarán as actividades do Museo en setembro

Numerosos obradoiros achegaranlles as técnicas da compostaxe, creación literaria, construcción de ferramentas, deseño de camisetas, construción de mosaicos

Dúas novas exposición temporais instalaranse no múseo durante o mes de agostoO vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou esta mañá, en rolda de prensa, as actividades que se levarán a cabo no mes de setembro con motivo do 75º aniversario do museo de Lugo. Antón Bao destacou, para este mes de setembro as actividades que desenvolverán o gaiteiro Xavier Blanco e a artista lucense Mónica Alonso. Xabier blanco presentará, o día 6, o concerto A CADEA CRÍTICA DOS NOSOS INSTRUMENTOS no que este, herdeiro de tradicións, centra a súa actividade na recuperación do folclore e da música tradicional galega. Tamén dentro das 75º festas a artista Mónica Alonso levará a cabo o obradoiro OS MARCIANOS NON SON VERDES, será un traballo sobre a ruptura dos tópicos a través da figura ficticia do marciano. Dentro da actividade das 75 festas programaranse, ademais das actividades antes citadas, varias proxeccións de cine documental, unha xornada de xogos populares e unha actividade de maxia co mago Román.Bao informou da inauguración, neste mes, de varias exposicións na salas dependentes do museo de Lugo. A primeira delas foi inaugurada o día 3 de setembro, unha mostra do artista Baldomero Pestana, esta exposición estará aberta ata o día o 2 de outubro. Outra das exposicións que se inaugurará neste mes de setembro será unha mostra do artista Xedes Peón e estará aberta, na sal de exposicións do Pazo de San Marcos dende o día 4 ata o 28 de setembro. O 10 de setembro inaugurase, en colaboración coa fundación Caixa Nova, a exposición de A Divina Comedia de Salvador Dalí, esta exposición estará aberta ata o 12 de outubro. O día 20 de setembro celebrarse unha ximcana poetico-musical co Marta Pumares. E o día 25 o refectorio do museo de Lugo acollerá a revista oral Pazo das Musas.ACTIVIDADES NOS CENTROS DA REDE MUSEÍSTICASeguindo co obxectivo de descentralizar as actividades do Museo de Lugo e levalas aos centros da rede museística a Área de Cultura levará o vindeiro día 5 ás 19:00 horas o Tirando do fío ao museo do Pazo de Tor en Monforte, esta actividade ten por obxectivo o contacto interxeneracional para transmitir os coñecementos dos máis vellos aos máis novos a través da oralidade. O museo do mar de San Cibrao acollerá un serie denominada Conversas de Mar e a revista oral A Voz dos Carraos.LÁMINAS DO CARTAFOL E PROXECCIÓNS CONTRA O MUROComo ven acontecendo dende o comenzo da celebración do 75º aniversario do museo todos os días 10 de cada mes está programada a actividade CONTRA O MURO, de 20:00 a 24:00 horas, proxéctanse nas fachadas exteriores do Museo Provincial imaxes das pezas do propio museo. Esta actividade é unha máis das programadas para facer do museo un museo vivo e achegalo á cidadanía. Coa finalidade de completar as 75 láminas que encherán a finais deste ano o Cartafol do Museo, cada cinco días, entregase unha lámina cunha imaxe dun peza ou estancia do museo. Esta lámina entregase, de xeito gratuíto, a carón da figura ou estancia que aparece reflexada na lámina.(Nota: axúntanse resumo, fotos e corte de voz)PRESENTACIÓN ACTIVIDADES MES DE SETEMBRO 1. CARTAFOL DO MUSEO (Coleccionable de 75 láminas por mor do 75 aniversario do Museo Provincial)  05/09/08 Lámina LIII. Mariñeiros na brega, de Puchades Obra realizada en ferro que chegou ao Museo Provincial en 1977. Representa a dous mariñeiros puxando do cabo dunha embarcación da que só se ve a proa. O conxunto escultórico, elaborado con retallos de ferro e soldadura, de innumerables arestas e baleiros, transmite sensación de dureza nos rostros . 10/09/08 Lámina LIV: O camión de A. González Doreste Representación verista a través da técnica, co uso dunha pintura moi plena, coa que trata os detalles con minuciosidade. Gran contraste de luces e sombras provocado polo potente foco de luz desde o ángulo superior dereito do primeiro plano e por un segundo foco situado ao fondo na parte superior, e que ilumina a rúa.  15/09/08 Lámina LV: O soño adolescente, de M. BujadosTrátase dun debuxo a lapis coloreado con acuarela, inacabado, cunha representación onírica e simbólica no que se diferencian dous planos que poden representar o ben e o mal. Na parte superior, no eixo central aparece a Virxe rodeada de cabezas de anxiños e outros anxos de corpo enteiro , algúns deles só bocexados. 20/09/08 LVI. Cruceiro, de CastelaoAcuarela que presenta un cruceiro situado nunha esquina. No brazo dereito da cruz pendura un faroliño de aceite que alumea a parede. O cruceiro que carece de basamento, chanta o seu varal directamente no chan e o Cristo apoiase nun capitel esférico.  25/09/08 LVII . Plano de Lugo (SÉC. XVIII)A lámina mostra o plano fotográfico da cidade de Lugo realizado por Pedro Menchaca e Saturnino Castilla segundo se indica na marxe inferior dereita. Está manuscrito e pintado con acuarelas amarelas (das que apenas quedan restos), verdes e negras. 30/09/08 LVIII . Praza maior, de Manuel Castro GilGravado que posúe un carácter case biográfico, porque nel aparece, aínda que en segundo plano, o consistorio lucense que será a casa na que transcorrerá parte da súa infancia, pois sendo o seu pai o funcionario que tiña ao seu cargo o arquivo dos documentos do Cabido e a vixianza do Pazo. 2. 75 FESTAS. MES DE OUTUBRO 40º FESTA. 06/09/08 A CADEA CRÍTICA DOS NOSOS INSTRUMENTOS, POR XAVIER BLANCO Xavier Blanco, herdeiro de tradicións que centra a súa actividade na recuperación do folclore procede dunha importante familia de gaiteiros chamada Os Soledás. Aos oito ano comeza a tocar a gaita e durante a mocidade formou parte de diferentes formacións tradicionais. Actualmente dirixe a Escola Obradoiro de Moaña. 41º FESTA. 07/09/08 OS MARCIANOS NON SON VERDES, POR MÓNICA ALONSO Traballarase a ruptura dos tópicos a través dunah figura que é ficticia, a do marciano. Todo o que sabemos sobre os marcianos é froito do imaxinario humano, nin sequera está demostrado que existe na realidade. Taller que servirá para reforzar a imaxinación.42º FESTA. 13/09/08 CINE DOCUMENTAL• CRISTÓBAL COLÓN• AMELIA EARHART 43º FESTA. 14/09/08 CINE DOCUMENTAL• A ESTACIÓN ESPACIAL• GLOBOS AEROSTÁTICOS44º FESTA. 20/09/08 XINCANA POÉTICO MUSICAL, CON ARTA PUMARES45º FESTA. 21/09/08 CINE DOCUMENTAL• OS SEGREDOS DO IMPERIO AZTECA• OS MAIA46º FESTA. 27/09/08 XOGOS POPULARES, ASOCIACIÓN O CADAVAL.47 º FESTA 28/09/08 LABERINTO DE ILUSIÓN. O MAGO ROMÁN.3. EXPOSICIÓNSSalas 26 e 27. Do 3 de setembro ao 2 de outubro. Inauguración de Baldomero Pestana.Do 4 de setembro ao 28 de setembro, Xedes Peón. Sala de exposicións da Deputación.Do 10 de setembro ao 12 de outubro. A Divina Comedia de Dalí. EXPOSICIÓN MÁIS IMPORTANTE DESTE MES.• Inauguración da exposición de Blas Lourés. Unha vida en chamas. O 9 de setembro no Círculo das Artes. 4. CONCERTO DA SOCIEDADE FILARMÓNICA 13/09/08Concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo en conmemoración do 75 aniversario do Museo Provincial. CHELICIA (Grupo de Violoncellos de Compostela) Carlos Garcia Amigo, Thomas Piel, Ailsa Lewin e Palmira Martínez.5. REVISTA ORAL. O PAZO DAS MUSAS. REFECTORIO MUSEO PROVINCIAL6. MUSEO PROVINCIAL DO MAR• 06/09/08 CONVERSAS DE MAR. CHARLAS DIVULGATIVAS SOBRE DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CO MAR. A Rosa dos Ventos, ventos dominantes, os ventos da Mariña.• 13/09/08 CONVERSAS DE MAR. CHARLAS DIVULGATIVAS SOBRE DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CO MAR. As mareas da Mariña.• 20/09/08 CONVERSAS DE MAR. CHARLAS DIVULGATIVAS SOBRE DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CO MAR. Lendas das profundidades • 27/09/08 REVISTA ORAL. A voz dos carraos 7. PAZO DE TOR• 05/09/08. TIRANDO DO FÍO Encontro interxeneracional denominado Tirando do fío dirixido a persoas de todas as idades co obxectivo de intercomunicar aos avós e avoas con netos e netas.8. UNHA TAPA DE CULTURA • Programa de visitas guiadas que se van levar a cabo até o 15 de setembro