Deputación de Lugo

Antonio Gato asegura que o Hotel Miño “foi un pufo que o PP lle meteu ós intereses patrimoniais da Deputación”

O voceiro do equipo de Goberno anunciou que se están a manter negociacións con diversas empresas para concretar a súa venda

A Xunta de Goberno acorda a contratación dunha auditoría para avaliar a xestión de datos persoais nos Concellos O Deputado e voceiro do grupo provincial, Antonio Gato Soengas, destacou en relación coa situación actual das instalacións do Hotel Miño que “o único que fixo o actual equipo de goberno é seguir o procedemento administrativo de venda inciado polo Partido Popular que tiña por obxecto allear un ben patrimonial do organismo provincial”. Neste senso, sinalou que “fai falta ser ben osado para que os do PP de agora volvan a sacar este asunto que non veu a ser máis que un gran pufo que o Partido Popular lle meteu ós intereses patrimonais da Deputación. Todos recordamos que esta era unha propiedade privada pertencente a un Deputado do PP, e que foi adquirida pola Deputación para arreglar intereses privados con fondos públicos”. Gatos Soengas facía estas declaracións na rolda posterior á Xunta de Goberno, na que tamén subliñou que “naquel momento –referíndose ó ano 1984 cando se comprou o Hotel- os socialistas na Deputación e no Parlamento declarámoslle unha guerra sen cuartel a esta adquisición. Presentamos un recurso e sucesivas interpelacións que plantexamos no Parlamento con fin de evitar este pufo. Ademais, o PP manifestaba que o Hotel se adquiría para ser residencia da terceira idade e co fin de albergar os enfermos do San Rafael, pero o Partido Popular nunca o destinou esto a este fin”. O voceiro provincial sinalou que nestes momentos se están está a levar a cabo negociacións con distintas empresas fara concretar a súa. Un edificio con polémica A Corporación Provincial acordou, no pleno da abril a resolución do contrato de venda do edificio da “Residencia Miño”, que fora adxudicado en 2007 a Moexpa Grupo Inmobilidario por 962.000 euros. Esta decisión tomouse logo de que a empresa non comparecese ó pagamento nin ó outorgamento da escritura de venda, incumprindo as obrigas establecidas no prego de condicións. Ademais, desestímase a petición de devolución do aval presentada por valor de 38.480 euros, xa que este constituía a fianza pactada precisamente en garantía do cumprimento de contrato. O Pleno da Deputación aprobou en 2007 a adxudicación da antiga “Residencia Miño” á única empresa que concorrera á poxa convocada pola institución. O inmoble está ubicado na Tolda, no Concello de Lugo e o solar ten unha superficie de 2.793 metros cadrados. A superficie total construída deste complexo é de 1.374 m2 e ten 50 habitacións. A Deputación de Lugo comprou estas instalacións en 1984 por 96 millóns das antigas pesetas. O inmoble foi adquirido co obxectivo de desconxestionar o psiquiátrico de San Rafael e convertelo nunha residencia para persoas da terceira idade con enfermidades mentais. Sen embargo, este proxecto non se chegou a materializar. O edificio destinouse a residencia universitaria e mesmo chegou a acoller deportistas. Na actualidade o edificio leva varios anos pechado. Análise da xestión de datos persoais nos Concellos Dentro da política de Cooperación cos Concellos da Deputación, a Xunta de Goberno acordou contratar a análise de protección de datos persoais nos Concellos da provincia á Universidade da Coruña por un importe de 9.280 euros. “Trátase de facer unha auditoría para coñecer como está a situación e o cumprimento da normativa vixente. A partir de aí, a Deputación e os Concellos poderán establecer marcos de colaboración. Hai que garantir un equilibrio entre a modernización ou as novas tecnoloxías e os dereitos fundamentais dos cidadáns que se recollen na Constitución Española”. Outros acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou por importe de 27.786 euros as obras adicionais das obras do POS 2005 para o ancheamento e a mellora dun treito de 1,700 quilómetros da LU-232 por O Burgo e Vilamaior a Palas de Rei, no termo municipal de Lugo. As obras principais foran adxudicadas por 139.000 euros. Asimesmo, acordouse adxudicar provisionalmente a obra de ensanche e mellora da estrada provincial C.P. 3207 de Seoane a TOR no entronque coa LU-617 á empresa Construcciones Voces Chantada por valor de 63.909 euros. Ademais deuse o visto e prace a tres contas xustificativas de tres obras dos Plans de Comunidades Veciñais de 2007 (1) e 2008 (2). En total suman un total de 13.125 euros dos que a Deputación achega 9.841.