Deputación de Lugo

A Deputación promoverá un novo convenio para ampliar os Plans de Accesibilidade a toda a provincia

Os concellos poderán acomenter o desbroce das estradas provinciais con recursos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres adxudicou á empresa Fundosa Accesibilidade a redacción do Plan de Accesibilidade dos Concellos de Meira e Samos, que contemplan a eliminación de barreiras arquitectónicas, urbanísticas, no transporte e da comunicación sensorial dos núcleos urbanos. A adxudicación é por 33.300 euros e o prazo de execución e entrega de un mes e tres semanas. Estes Plans de Accesibilidade súmanse ós 40 que xa están redactados- 5 deles, os de Paradela, O Incio, Cervantes, Pobra do Brollón e Pol, foran adxudicados na Xunta de Goberno do 21 de setembro- e o de Bóveda, que está en fase de redacción. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, lembrou que o convenio entre IMSERSO, Fundación ONCE e Deputación de Lugo remata o 31 de decembro deste ano “polo que é necesario emprender unha negociación para acadar un novo acordo que permita redactar os Plans de Accesibilidade dos 23 concellos que faltan” Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais A Xunta de Goberno tamén aprobou as contas xustificativas de 25 obras do Plan de Cooperación coas Comunidades veciñais 2006. O presuposto total destes proxectos é de 99.235 euros, dos que a Deputación achega 73.638. As obras corresponden ós concellos do Saviñao, Friol, Sober, Monforte de Lemos, Patón, Sarria, Taboada e Vilalba. Están incluídas, entre outras obras, a reparación da igrexa de Ousá, o acondicionamento dun camiño rural en Conde e o rego asfáltico na pista de Piñeira, as tres no concello de Friol; o acondicionamento dos aparcamentos e da praza central, e a montaxe de 4 miradores en Negueira de Muñiz; a construcción dun galpón no lugar de Hermida, en Pantón e o formigonado dos camiños de Fabián, en Sarria, e de Eirexafeita, Vilacaiz, Vilarello, Ousende, Reiriz, Sumil, Barxa e Mato no concello do Saviñao. Hoxe tamén se aprobaron as contas xustificativas dos accesos a Viñedos de Airela, en Sober, a restauración da igrexa San Miguel de Vilela, en Taboada e do campo da festa de Veigalonga, en Vilalba. Ademais, na Xunta de Goberno arpobáronse, pola vía de urxencia, os expedentes de contratación de tres obras de rehabilitación de pavimento incluídas no POS 2007, e nos que se empragará o procedemento de negociado. O importe total é 178.00 euros. As rehabilitación de pavimento farase en 600 metros da estrada de Friol a Parga por un importe de 58.041 euros; notros 600 metros da estrada Guitiriz a Vilares, por 60.000 euros; e medio quilómetro da estrada Rábade a Friol, por outros 60.000 euros. Os tres proxectos e os pregos de condicións someteranse a información pública. Desbroce de estradas provincias A Área de Infraestruturas que dirixe Manuel Martínez vén de remitir ós 67 Concellos da provincia unha carta na que se lles ofrece a posibilidade de facerse cargo dos traballos de desbroce de maleza nas marxes das vías provinciais correspondentes ó vindeiro 2008. A Deputación transferirá ós municipios que se acollan a esta iniciativa os recursos para a realización destes traballos. “Esto permitirá axudicar as obras a empresas do ámbito local así como ter un maior control sobre estes traballos”, afirmou Antonio Gato. Por outra banda, o INLUDES que dirixe a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, enviou cartas ós 66 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes para informarlles da ampliación do Proxecto Lugo-Emprego SAD (Servizo de Axuda a Domicilio), que permitirá a realización de 6 novos cursos. O orzamento para a realización destas actividades é de 244.000, dos que o Fondo Social Europeo subvenciona 170.802 euros, e o INLUDES aporta 73.200. O obectivo do proxecto Lugo- Emprego SAD é a formación de desempregados para atención e coidado de persoa maiores e discapacitados. Os cursos terán unha duración de 500 horas, das que 175 serán teóricas e 325 prácticas. Os concellos serán os encargados de presentar as solicitudes. Os cursos desenvolveranse nos municipios que aporten maior número de participantes.