Deputación de Lugo

A Confederación Hidrográfica do Norte presenta en Lugo un proxecto integral de protección da Cunca Alta do río Miño

As actuacións proxectadas suporán unha inversión de 30 millóns de euros

A Confederación Hidrográfica do Norte presentou esta mañá en Lugo un Proxecto Integral de Conservación da Cunca Alta do río Miño, que promove o organismo de Cuenca e no que están implicados a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia. Esta presentación foi realizada polo presidente da Confederación Hidrográfica, Jorge Marquínez, ós alcaldes e representantes municipais dos Concellos de Rábade, Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei, Pol, Begonte, Outeiro de Rei, Guitiriz e Vilalba (representada polo subdelegado do Gobierno en Lugo), nun acto ó que tamén asistiu o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Goméz Besteiro e o director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago, Pablo Ramil.Este proxecto, que se constitúe como pioneiro no Norte de España, ten por obxectivo involucrar activamente a todas as administracións con competencias que afecten á conservación das cuncas fluviais, é dicir, ós Concellos, no apartado de ordenación urbanística; á propia Confederación, como xestora do dominio público, e á Xunta de Galicia e Diputación, no apartado de conservación e preservación do entorno medioambiental. A nivel práctico, as liñas deste proxecto pasan por una serie de inversións na mellora das cuncas, corrección de defectos de saneamento e abastecimiento e acondicionamiento de ribeiras complementadas por un compromiso activo dos Concellos da cunca alta do Miño na preservación dos corredores fluviaiss como zonas verdes e rústicas (é dicir, sen uso urbanístico) dentro dos Plans de Ordenación Municipais. Un compromiso que xa adquiriu ol Concello de Guitiriz cun convenio pioneiro asinado coa CHN o pasado mes de setembro.Na reunión desta mañá, o presidente da Confederación Hidrográfica del Norte anunciou ós Concellos la previsión de inversión de 30 millóns de euros en actuacións de mellora dos ríos nestas áreas. Unha inversión para a que o Ministerio de Medio Ambiente ten comprometidos 20 millóns de euros mentras que o resto sería aportado pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo nunha porcentaxe a definir. Ó longo da xuntanza, presentouse tamén o avance da primeira diagnose medioambiental da Cunca Alta do Miño, que está elaborando a Confederación en colaboración co IBADER. Este estudo revela o potencial medioambiental e natural desta zona, que conta cun estado de conservación bo, con áreas de riqueza e estado inmellorables. No estudo, que se complementará con novas investigacións, apúntanse algúns problemas derivados dos usos da terra, como o gandeiro e agrícola, que redundan en pequenos vertidos e contaminación puntuais con materia orgánica como puríns ou fósforos, que, en todo caso, no son generalizados pero que requerirán intervencións puntuais.Estas intervencións estarán definidas polos servizos técnicos da Confederación; o estudo do IBADER e o estudo de calidade ambiental da Cunca Alta do Miño, que está en proceso de contratación pola Dirección Xeral de Agua do Ministerio de Medio Ambiente. En todo caso, o obxectivo é comenzar a redactar proxectos de inmediato, conforme ó compromiso presupostario anunciado esta mañá.DEFINICIÓN DE CORREDORESNa reunión, a Confederación Hidrográfica del Norte comprometeuse, a curto prazo, a proporcionar ós concellos a delimitación dos corredores fluviais e zonas especiais susceptibles de protección nos plans de ordenación urbanística.