Deputación de Lugo

Facer do medio ambiente e as Reservas da Biosfera un modo rendible de vida, obxectivo prioritario da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia

Os dous mandatarios acordaron varias liñas estratéxicas que marcarán un antes e un despois no eido das políticas medioambietais da provincia

O primeiro encontro oficial entre o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, tivo como resultado a posta en marcha de varias liñas de traballo que conseguirán facer do medio ambiente e das Reservas da Biosfera un modo rendible de vida para os cidadáns da pronvicia. Gómez Besteiro subliñou que “o seu reto é conseguir que Lugo sexa un destino medioambiental cunha marca clara de provincia, tendo en conta que mais da metade do territorio é Reserva da Biosfera e que as últimas subvencións solicitadas a Europa apostan polo medio ambiente”. Coa xuntanza, que tivo lugar este xoves na sede do organismo provincial, inciouse un novo itinerario de traballo entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os Concellos. Tendo en conta que Lugo xunto a provincia de Ourense ten unha potencialidade medioambiental que as fai únicas en España “o novo reto do goberno galego será implicar ós cidadáns no desenvolvemento dos territorios protexidos e que eles sexan o primeiros beneficiarios, converténdose o medio ambiente nunha alternativa de vida”. Con esta afirmación Manuel Vázquez resumía a reunión mantida con Gómez Besteiro. Por iso, ámbalas dúas institucións converterán o medio ambiente e as Reservas da Biosfera en xacementos de emprego que sumen a favor da provincia. “Os cidadáns están acostumados a un decretazo, a medidas restrictivas, sen embargo eu podo anunciar que os novos parques naturais, os chamados parques para vivir como os dos Ancares e o Courel, van ser froito do díalogo e do consenso”, afirmou o Conselleiro de Meido Ambiente. Con esta nova filosofía de traballo os dous mandatarios acordaron varias liñas estratéxicas que marcarán un antes e un despois no eido das políticas medioambietais da provincia: 1.- Pazo de Tor, referente nacional do medio ambiente. O Presidente da Deputación e o Conselleiro acordaron imprimir un novo modelo ó Pazo de Tor impulsado polas dúas administracións, pero a día de hoxe esgotado. Será un referente nacional en 4 ámbitos: natureza, caza, pesca e educación medioambiental. Para este traballo terase en conta a opinión das federacións de caza e pesca e de especialistas na materia. 2.- Asinarase o primeiro convenio de sanemaento entre o goberno galego, unha Deputación e os Concellos galegos. Os dous mandatarios explicaron que van asinar o primeiro convenio de saneamento para núcleos rurais a través dunha nova fórmula que engloba á Deputación de Lugo, á Consellería de Medio Ambietne e ós pequenos concellos. “O que nos preocupa son os Concellos e o saneamento dos núcleos rurais porque están moi limitados. Iniciaremos conversas para avaliar como podemos ser máis eficaces sobre todo cos municipios máis pequenos e dispersos, explicou Besteiro. Os dous responsables políticos explicaron ademais que “a parte de contar coa financiación da Consellería para a posta en marcha deste servizo, procurarase investimentos do Ministerio de Medio Ambiente, xa que a Ministra galega, Elena Espinosa, está moi vencellada con este proxecto”. 3.- Plan piloto de autocompotaxe municipal. A Deputación de Lugo xunto coa Consellería vai poñer en marcha un modelo piloto para que os Concellos que deciden apostar polo modelo de autocompostaxe poidan crear unha rede galega e beneficiarse de numerosas vantaxas. Na actualidade 12 municipios galegos, un deles o de Rábade, xa solicitaron formar parte deste ambicioso proxecto. Recepción Oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu ó Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez no primeiro andar da sede do organismo provincial. Logo de saudar ós membros da Corporación e de asinar no Libro de Ouro, o máximo mandatario provincial entregoulle un réplica do organistrum, instrumento musical de orixe medieval que é fabricado polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.