Deputación de Lugo

Participantes do Congreso Provincial de Medio Ambiente visitaron a exposición do INLUDES que promociona a Reserva Terras do Miño

Os congresistas tamén fixeron un percorrido por distintos puntos do espazo natural declarado pola UNESCO

Máis dunha vintena de asistentes ó XXXVI Curso de Saúde Ambiental- Congreso Provincial de Medio Ambiente, que se celebra estes días no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, realizaron este martes unha visita á exposición “A Reserva Terras do Miño. LIC Parga-Ladra-Támoga. O Programa LIFE-Natureza” promovida polo INLUDES, que desde o 2 ó 6 de xuño permanece na Capela de Santa María en horario de 10:00 a 14:00 horas. Acto seguido, visitaron distintos puntos incluídos na Reserva: olería de Bonxe, lagoa de Cospeito, castro de Viladonga e o Centro de Interpretación do río Rato, lugar no que os congresistas concluíron o seu percorrido á primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia no ano 2002. Esta actividade enmárcase dentro dos actos previstos co motivo da celebración do simposio e do Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño. Natureza, etnografía e cultura acompañan a exposición, donde estudantes, asosiacións e o público en xeral, participan de visitas guiadas e de proxeccións audiovisuais ó longo de todo o ano. Toda unha serie de material divulgativo, folletos e marcadores de páxinas constitúen o material de apoio da exposición, que é entregado de balde a todos os visitantes, e que amosa o labor realizado polo INLUDES en materia de educación ambiental, conservación e xestión do medio natural. A mostra inaugurouse no ano 2005 e desde entón estivo exposta ó público no Museo Provincial de Lugo, nos Centros de Interpretación da Lagoa de Cospeito e Terras do Miño, así como nos Concellos de Mondoñedo, A Fonsagrada, Vegadeo, Guitiriz, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, Viveiro, Lourenzá, Ribadeo e Vilalba. Paralalelamente, tamén estivo exposta ó logo de distintos seminarios e cursos impartidos tanto a nivel provincial, como nacional (País Vasco) e internacional (México e Francia).