Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación estivo con nenos e nenas de Becerreá no Contoqontigo

A Área de Cultura da Deputación levará esta actividade de animación á lectura a 15 colexos de concellos de Lugo

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, realizou na mañá de hoxe unha visita ao colexo de Becerreá. Nesta visita, Antón Bao percorreu as instalacións do centro escolar e mantivo unha pequena xuntanza coa dirección e persoal do centro. Bao estivo nunha das aulas nas que pequenos e pequenas do colexo estaban participar nunha sesión de xogos de ocio. O motivo principal desta visita, do vicepresidente primeiro da Deputación, foi a de compartir co alumnado do centro unha das actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación. Esta actividade leva por nome CONTOQONTIGO e ten como finalidade a de achegar a lectura ao rural lucense, CONTOQONTIGO é unha campaña na que se traballa o conto como unha achega á interculturalidade e á creación artística para desenvolver o espírito crítico n@s nen@s e ofrecer os medios para aprender novas formas de mirar. Segundo sinalou Anton Bao “con esta, e outras actividades que poremos en marcha no futuro, pretendemos que calquera neno ou nena que viva en calquera concello de Lugo, por pequeno que sexa, poida disfrutar das mesmas actividades das que disfrutan os nenos e nenas que viven nas vilas e cidades”. Antón Bao referiuse con estas verbas ás iniciativas que a Área de Cultura da Deputación está a poñer en marcha destinadas aos centros de ensino daqueles concellos de Lugo cun menor número de habitantes. A actividade CONTOQONTIGO, realizada por OQO Editora, máis de 600 nen@s de 15 Concellos participan nunha experiencia moi especial: unha viaxe polo continente africano da man do álbum CHOCOLATA. Nesta historia, creada pola autora sarriana Marisa Núñez (galardoada co Premio Internacional ESPACE ENFANTS 2007), unha hipopótama decide saír da súa lagoa e vivir novas experiencias na cidade, nunha viaxe na que aprenderá a valorar o seu entorno. CONTOQONTIGO desenvolvese nunha carpa iglú que se insta nos centros escolares. Alí, Raquel Méndez e Eva Vila desenvolven unha innovadora actividade na que os nenos participan dunha maneira interactiva na historia: proban o doce máxico que lles fai entrar no conto, xogan coas imaxes a reinventar a historia, e póñenlle a banda sonora á narración. Esta experiencia creativa permitelles aos formadores traballar coa lectura dunha maneira lúdica. As sesións teñen unha duración de 50 minutos e están destinadas a nen@s de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria cun máximo 15 rapaces por sesión. Área de Cultura da Deputación está a dotar a todos os centros participantes cun lote de libros co obxectivo de traballar o álbum ilustrado antes e despois do desenvolvemento da campaña.