Deputación de Lugo

Lara Méndez e os dous técnicos quedan en liberdade sen cargos, sen fianza e sen obriga de comparecencia

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda e os dous traballadores ofreceron a máxima colaboración á xuíza instructora, así como o Presidente da Deputación que reitera a total disponibilidade

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e os dous técnicos que prestan o seu servizo nas instalacións do Fogar de Santa María quedaron en liberdade sen cargos, sen fianza e sen obriga de comparecencia, segundo os avogados dos mesmos. A responsable da Área de Promoción Económica e Emprego e os dous traballadores foron chamados a declarar este luns diante a instrucción do Xulgado nº3 de Lugo que ordeou o requerimento de información ó organismo dependente da Deputación. Os técnicos e Lara Méndez ofreceron a máxima colaboración nas dilixencias abertas por parte da xuíza instructora do caso, Estela San José. Ó redor das 11:00 horas, diante a petición da xuíza, acudiron á Comisaría, e, posteriormente, ás 14:30 horas e acompañados da mesma, voltaron ás instalacións provinciais. Pola tarde, trasladáronse de novo ás dependencias policiais e logo ó Xulgado, onde prestaron declaración. Máxima colaboración Previamente, Gómez Besteiro compareceu diante os medios de comunicación e indicou que esta mañá a Policía Xudicial pediu colaboración á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a dous técnicos que traballan no complexo de Santa María para completar información dunhas dilixencias abertas. “Dende o principio, todos brindaron a máxima colaboración. Acompañaron á xuíza ata as instalacións de Santa María este mediodía e facilitáronlle a información solicitada”. Neste senso, o Presidente da Deputación volveu a reiterar a “máxima colaboración da institución provincial ou de calquera órgano autónomo que dependa dela, como é o caso do INLUDES”. Diante esta situación, o máximo mandatario provincial ordeou suspender, polo momento, a viaxe de traballo que tiña previsto realizar a Sudamérica invitado organismos oficiais.