Deputación de Lugo

O Museo de Lugo contará cun departamento de accesibilidade e capacidades diferentes

No ánimo converter o museo provincial nun espazo accesible para todos e todas crearase un departamento que acade unha integración de ida e volta

O museo editará unha novedosa publicación en braille con traduccións ás catro linguas oficiais do estado español “No ánimo de converter o museo provincial nun espazo accesible para todos e todas crearase un departamento que optimice os recursos materiais e humanos destinados a proporcionar unha accesibilidade integral e non so física”, con estas palabras anunciou, o vicepresidente primeiro da Deputación Antón Bao, a próxima creación dun departamento de accesibilidade no museo provincial de Lugo. Velarase por proporcionar, a través deste departamento, unha accesibilidade integral e non so física que permita unha integración real de todos os visitantes, para esto crearanse guías en braille, diagramas táctiles e formarase aos guías para atender ás persoas con capacidades diferentes. Pretendese con este departamento unha integración de ida e volta, e dicir, calquera persoa con capacidades diferentes debe poder integrarse para guiar a persoas nas visitas normais do museo, como traballador do mesmo, e calquera persoa con capacidades diferentes debe de poder participar en visitas e actividades programadas polo museo dun xeito totalmente normalizado. O departamento de accesibilidade mobilizará todos os recursos técnicos e humanos dos que dispón o museo provincial para que calquera persoa poida achegarse a visitar o museo ou ben participar nas actividades que se programen. Nas actividades programadas polo museo teranse en conta, como ata o de agora, aos diferentes colectivos e as súas peculiaridades para que todos e todas poidan disfrutar das actividades. Colectivos con capacidades diferentes concretas como o autísmo, síndrome de down e invidentes, etc... terán, tamén, actividades específicas que lles fagan participes da programación cultural do museo Ao respecto da accesibilidade física Antón Bao comentou que a Deputación segue a traballar en darlle unha solución definitiva á rampa de acceso ao museo de Lugo pola súa porta principal. Ata o de agora este problema de accesibilidade solucionouse cunha rampa de madeira que será retirada cando se decida unha solución definitiva. UNHA NOVEDOSA PUBLICACIÓN EN BRAILLE E NAS CATRO LINGUAS OFICIAIS DO ESTADO RECOLLERÁ AS CONCLUSIÓNS E PONENCIAS DE UN SEMINARIO CELEBRADO EN LUGO O museo de Lugo é, a nivel do estado español, un dos espazos museísticos punteiros en temas de accesibilidade. Conta con guías en braille e unha guía de percorrido para que persoas con dificultades de movemento poidan visitar o museo de xeito autónomo. O museo de Lugo participará o próximo mes de abril en Expodidat (Barcelona), nesta mostra presentará unha publicación coas ponencias e conclusións das xornadas de accesibilidade celebradas no museo de Lugo o pasado 30 de novembro e que tiveron por título CAPACIDADES DIFERENTES. MUSEOS SEN LÍMITES. Esta novedosa publicación será editada en braille nas catro linguas das diferentes nacionalidades do estado español: galego, castelán, euskera e catalán.