Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo recada 11.700.000 euros do Imposto de Bens Inmobles en periodo voluntario

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación presentará mañá ós Alcaldes as novas bases do Servizo Provincial de Recadación

O Servizo Provincial de Recadación ingresou 11.692.707 euros do Imposto de Bens Inmobles da provincia durante o periodo voluntario. Esta cantidade corresponde ós 58 concellos que teñen delegada neste momento a recadación do IBI. Do total ingresado, 10.399.831 euros corresponden a urbana e 1.292.876 euros a rústica. Este ano melloráronse as porcentaxes de xestión, que no caso do IBI urbano foi do 90,01%, un 1,10 % máis que en 2006, e no rústicao do 85,79%, medio punto máis que o ano pasado. O resto pasará á vía executiva. Desde que rematou o prazo para pagar en periodo voluntario, o 5 de novembro, o recargo está a ser do 5%, e unha vez notificado ós afectados, este acadará o 20%, ó que hai que engadir os intereses de mora. Reunión cos Alcaldes O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, convocou para mañá, 17 de decembro, a todos os Alcaldes e Alcaldesas da provincia para entregarlles as novas bases do Servizo Provincial de Recadación aprobadas no Pleno Provincial do mes de novembro. Ó encontro, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, tamén están convidados os secretarios e interventores dos entes locais. Nesta xuntanza, os rexedores recibirán o borrador de acordo para ceder a recadación de impostos básicos (IBI, IAE e Imposto de Circulación), ós que poderase engadir á delegación doutros tributos. O documento será sometido a aprobación polas respectivas Corporacións e, no caso de contar co visto e prace, asinaranse os correspondentes convenios. Será a partir dese momento cando entrarán en vigor as novas bases que contemplan, entre outras novidades, unha rebaixa da porcentaxe que deberán aboar os Concellos, que pasará a ser do 4%.