Deputación de Lugo

A modalidade de “cestería de esparto ibicenca” centrará o próximo curso da programación de inverno do CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
O obradoiro dará comezo o vindeiro mércores e rematará o 10 de febreiro

O mércores, 6 de febreiro, comezará no Obradoiro de Cestería do río Rato o curso de “cestería de esparto ibicenca. Asentos de cadeiras cordados” que organiza o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Desde o 6 ata o 10 de febreiro os asistentes terán a oportunidade de coñecer esta técnica consistente na elaboración de cadeiras a través do trenzado de corda de esparto picado. Ademais dunha correcta identificación dos materiais, os participantes coñecerán as técnicas restantes sobre bastidor de madeira. O curso será impartido paro Antoni Manonelles, artesán membro do grupo folclórico de San Joseph de Sa Talaia, Evissa. Está dirixido a cesteiros profesionais, artesáns doutras disciplinas, amigos da artesanía e ó público en xeral. Consta de 8 prazas e impartirase de 10:00 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas. O prezo da matrícula é de 35 euros. Os interesados poderán formalizar a inscripción a través do teléfono 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14. Esta activadade inclúese dentro da programación de inverno de cestería que organiza o CENTRAD, que engloba un total de 7 cursos. Obradoiros portátiles O vindeiro mércores tamén darán comezo os obradoiros portátiles destinados a escolares de Primaria e Secundaria que organiza o CENTRAD. Cestería, tapiz e fabricación de instrumentos musicais serán as modalidades que centrarán estes cursos que se desenvolverán desde o día 6 ata o venres, día 8. O obxectivo dos mesmos é recuperar os oficios artesanais desde a etapa escolar dándolles ós rapaces a oportunidade de aprender e coñecer oficios de grande tradición na provincia. 954 escolares de 35 colexios da provincia serán os destinatarios destes obradoiros. Neste senso, o CEIP Terra Chá de Vilalba acollerá durante estes catro días dous talleres de tapiz, o CEIP de Lourenzá, un de cestería e o CEIP de Palas de Rei, un de instrumentos musicais. Artesáns do Centro de Artesanía e Deseño imparten estes cursos que se están a desenvolver por toda a provincia. A vindeira semana tocaralle ós colexios de Castroverde, Becerreá, Cervantes e Viveiro. Descargar programación cursos cestería 2008