Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación ofrece 8 cursos de cestería para os meses de verán

Os obradoiros están destinados a rapaces maiores de 8 anos e contan cun orzamento de 11.500 euros

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo ofrece 8 cursos de cestería que se porán en marcha nos meses de verán. Trátase dunha programación moi diversa na que se inclúen novidades como o curso de cestería francesa de vimbio.Grageole (cesta francesa para recoller froita) e o de cestería de cana e vimbio mallorquina (paner). Os cursos darán comezo o 23 de xuño e rematarán o 19 de setembro. Impartiranse no Centro de Cestería do río Rato. Contan cun orzamento de 11.500 euros e neles participarán 72 rapaces de máis de 8 anos. Con estes cursos preténdese potenciar e poñer en valor os oficios artesanais evitando que desaparezan e impulsando este tipo de economía baseada no artesanal. Deste xeito, docentes de Galicia e de España amosarán as súas técnicas ós alumnos. Así, por exemplo, o artesán Carlos Fontales será o encargado de impartir o curso de cestería tradicional galega de vimbio. Carabelos de Ribeira, e Carmen Fieiras e, Idoia Cuesta, esta última de San Sebastián, o de cestería de médula de roten e vimbio, mentres que Carlus Trijueque será o encargado de ensinar ós alumnos a técnica de cestería catalá de xuncos. Gambina (nasa de mar), propia da súa cidade de procedencia, Girona. Os cursos impartiranse no centro de cestería do río Rato, unha das mellores escolas de cestería permanente de España e Europa por varios motivos: ademais de dispoñer dun entorno privilexiado que contribúe a que este oficio teña continuidade, destaca pola variedade de técnicas que se imparten nela. En Holanda, Francia, Dinamarca e Alemaña existe unha forte tradición na cestería, pero limítanse a ensinar unha modalidade concreta a diferenza do que acontece no centro do río Rato, donde ademais da variedade trabállase por recuperar e dar a coñecer as técnicas tradicionais de Galicia e de España traendo ós artesáns que aínda continúan con esta técnica para impartir os cursos. Teñen un total de 252 horas e unha capacidade de 8 alumnos como máximo. A inscripción poderá realizarse ata dous días antes do comezo de cada curso, a través do teléfono 982 210 066 ou do número de fax: 982 21 90 14. Os cursos tamén poden consultarse na web: www.deputacionlugo.org Balance cursos de primavera O venres, 20 de xuño, rematará o último curso de primavera, cestería de esparto. Esparteñas. Desde o mes de marzo impartíronse un total de 10 cursos nos que partiparon 84 alumnos, e que contaron cun total de 276 horas. O obradoiros tiveron unha gran aceptación, proba disto é a demanda acadada. Nos mesmos participaron alumnos non só da provincia senón tamén de Galicia e incluso de España. Deste xeito, constátase que progresivamente son máis as persoas que se interesan polos cursos de fóra da provincia e doutros puntos de Lugo. Deste xeito, o 90% dos asistentes foron da provincia e o 10% restantes de fóra, entre eles de Ourense, Pontevedra e Barcelona. Curso téxtil CENTRAD O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo ofrece desde o 16 ó 20 de xuño o segundo curso da programación de téxtil para o ano 2008 no que se imparte a técnica de tinguido de shibori para seda e la. O artesán Ramón Álvarez imparte o obradoiro no que os asistentes aprenden distintas formas de tinguir, atar puntos, envurullar, plegar e estrangular obxectos, coser e enrolar sobre tubo. O curso desenvólvese na aula de téxtil do CENTRAD, ubicada no pavillón número 8, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Programación dos cursos