Deputación de Lugo

O Campionato de España de Enduro foi presentado na Deputación

O vicepresidente primeiro da Deputación presentou esta proba organizada polo Motoclube Sprint

Tras a recente tala dos cedros que ocultaban a fachada da Deputación, hoxe é o gran día da apertura dos xardíns do Pazo de San Marcos á cidadanía lucense. O Vicepresidente Primeiro da Deputación,Antón Bao, presentou na carpa que esta mesma tarde acollerá a Festa das Letras, o campionato de España de Enduro que se celebrará en Becerreá esta fin de semana. Antón Bao sinalou, durante a súa intervención, o esforzo da vicepresidencia primeira da Deputación por achegar a presenza deste tipo de competicións ás distintas comarcas de Lugo, O Vicepresidente Primeiro informou de que “hoxe mesmo comeza, en Chantada, a I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo – Gran Premio Deputación organizada polo Clube Ciclista Cidade de Lugo, e na fin de semana celebrarase en Becerreá este Campionato de Enduro organizado polo Motoclub Sprint. A Área de Deportes da Deputación vai poñer os medios precisos para que as entidades deportivas poidan organizar en todas as comarcas de Lugo eventos que sirvan para achegar o deporte a todos os lugueses e luguesas”. A elite estatal do enduro darase cita o sábado 24 e o domingo 25 de maio na 6ª proba do Campionato de España Liña Directa de Enduro baixo a organización do Motoclub Sprint. Esta nova cita volve presentarse como unha proba con moito atractivo, non só para pilotos, senón para o público en xeral, xa que como en edicións anteriores o Motoclub SPRINT porá todo o seu empeño e esforzo en facer unha carreira de enduro tan atractiva e recordada como as celebradas ata agora por este Motoclub. Segundo afirmou na presentación da proba o Vicepresidente Primeiro da Deputación “trátase dun enduro de verdade xa que o percorrido da competición discorre por uns paraxes privilexiados como os que solo a montaña de Lugo pode ofrecer para unha proba deste tipo”. O rally é accesible a todos os niveis de pilotos, sen que iso implique unha proba exenta de dureza e resistencia. Con iso preténdese que sexa un enduro para gozar ao máximo. Haberá variantes para Senior A e Júnior Open naquelas zonas de dificultade extrema que poderían provocar tapóns. A proba de Becerreá contará con tres especiais: Unha especial extrema, unha especial tipo crono, e a novidade deste ano, supón unha terceira especial que consistirá nun tramo cronometrado. A premier especial cronometrada estará situada, ao igual que o pasado ano, nun recinto preparado exclusivamente para a súa utilización como especial extrema, situada no alto dunha montaña, e onde se combina unha proba extrema con parte de crono. Para a segunda das especiais cronometradas que será unha especial cronometrada tipo crono de 5 minutos da especial anterior, o MC disporá dunha zona íntegra de herba de 70.000 metros cadrados. Esta especial será máis larga que a anterior e de moito agarre. Antes da chegada a paddock, situado no centro urbano de Becerreá, os pilotos enfrontaranse a un tramo cronometrado, que sen dúbida e como novidade na edición deste ano, marcará as diferenzas entre os pilotos das distintas categorías. PRESENCIA DE MOTOS E CAMPIÓNS EN BECERREÁ Como na edición anterior do 2007, o Motoclub SPRINT disporá, en Becerreá, dun paddock de 30.000 metros cadrados, dentro do cal estará situado o parque pechado, con todas as comodidades para pilotos e público en xeral. Neste recinto, habilitarase un aparcadoiro pechado para trailers, camións e todo tipo de vehículos, parque pechado situado en zona cuberta, zona de autolavado, etc. En canto á participación confirmada para esta proba, en Becerreá daranse cita novamente os mellores pilotos do panorama nacional e internacional, algúns deles Campións do Mundo da especialidade de enduro, contando coa presenza de Ivan Cervantes, Cristóbal Guerreiro, Xavi Galindo, os irmáns Puigdemont, Gerard Farres, así como os galegos Xacob Agra e Aaron Bernárdez. Ademáis está confirmada a asistencia de Enrique Vega, correrá na categoría Enduro 3 – Subcampeón de España Junior Open 2007, Alvaro Becerra – Participará na categoría “Trofeo Nacional Junior”; Raúl Hernando – Participará na categoría “Trofeo Nacional Junior”; Marcos Rodriguez – Participará na categoría “Trofeo Nacional Junior”; Saúl Vázquez – Participará na categoría “Trofeo Nacional Junior”; Antón Fernández- Participará en Senior B 2T Actual Campeón provisional en categoría Senior B do Campionato Galego con 5 victorias en 5 pruebas; Juan J. García – Participará en Senior B 2T