Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura da Deputación estivo con nenos e nenas de barreiros no Contoqontigo

A Área de Cultura da Deputación levará esta actividade de animación á lectura a 15 colexios de concellos de Lugo

O reponsable da área de Cultura, Antonio Veiga, realizou na mañá de hoxe unha visita ao colexio de San Miguel de Reinante. Nesta visita, Antonio Veiga percorreu as instalacións do centro escolar e mantivo unha pequena xuntanza coa dirección e persoal do centro. Veiga estivo na biblioteca do centro nas que pequenos e pequenas do colexio estaban participar nunha sesión de lectura. O motivo principal desta visita, do Responsable da Área de Cultura da Deputación, foi a de compartir co alumnado do centro unha das actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación. Esta actividade leva por nome CONTOQONTIGO e ten como finalidade a de achegar a lectura ao rural lucense, CONTOQONTIGO é unha campaña na que se traballa o conto como unha achega á interculturalidade e á creación artística para desenvolver o espírito crítico n@s nen@s e ofrecer os medios para aprender novas formas de mirar. Segundo sinalou Antonio Veiga “con esta, e outras actividades que poremos en marcha no futuro, pretendemos que calquera neno ou nena que viva en calquera concello de Lugo, por pequeno que sexa, poida disfrutar das mesmas actividades das que disfrutan os nenos e nenas que viven nas vilas e cidades”. Antonio Veiga referiuse con estas verbas ás iniciativas que a Área de Cultura da Deputación está a poñer en marcha destinadas aos centros de ensino daqueles concellos de Lugo cun menor número de habitantes. A actividade CONTOQONTIGO, realizada por OQO Editora, máis de 600 nen@s de 15 Concellos participan nunha experiencia moi especial: unha viaxe polo continente africano da man do álbum CHOCOLATA. Nesta historia, creada pola autora sarriana Marisa Núñez (galardoada co Premio Internacional ESPACE ENFANTS 2007), unha hipopótama decide saír da súa lagoa e vivir novas experiencias na cidade, nunha viaxe na que aprenderá a valorar o seu entorno. Na comarca da Mariña as actividades do CONTOQONTIGO levaranse a cabo nos Concellos de Barreiros, Cervo, Ourol, Pontenova e Trababa. O resto dos Concellos que participan nesta actividade son das Comarcas do sur e do centro da provincia de Lugo, chegando así a diversos concellos de toda a provincia. CONTOQONTIGO desenvolvese nunha carpa iglú que se insta nos centros escolares. Alí, Raquel Méndez e Eva Vila desenvolven unha innovadora actividade na que os nenos participan dunha maneira interactiva na historia: proban o doce máxico que lles fai entrar no conto, xogan coas imaxes a reinventar a historia, e póñenlle a banda sonora á narración. Esta experiencia creativa permítelles aos formadores traballar coa lectura dunha maneira lúdica. As sesións teñen unha duración de 50 minutos e están destinadas a nen@s de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria cun máximo 15 rapaces por sesión. Área de Cultura da Deputación está a dotar a todos os centros participantes cun lote de libros co obxectivo de traballar o álbum ilustrado antes e despois do desenvolvemento da campaña.