Deputación de Lugo

Aberto o prazo de ingreso en periodo voluntario dos impostos municipais delegados na Deputación

Imaxe deputación de lugo
Os Concellos poderán efectuar o pagamento desde hoxe ata o 30 de xullo

Hoxe deu comezo o prazo de ingreso en periodo voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico. Os Concellos que teñan delegado os impostos de vehículos de tracción mecánica e as taxas por aproveitamento especial de vía pública e de servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos na Deputación poderán efectuar o seu pagamento ata o 30 de xullo de 2008. No caso do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, os Concellos que teñen delegado este servizo son os seguintes: Abadín, Antas de Ulla, Alfoz, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Carballedo, Cervantes, Cervo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Guntín, Láncara, Lourenzá, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Ourol, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, A Pobra de Brollón, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Vicedo, Xermade e Xove. Asimesmo, con respecto á taxa por aproveitamento especial da vía pública e ó servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos os municipios que se acollen a este prazo son Monterroso e Sarria no primeiro caso, e O Páramo, Samos e Monterroso, no segundo. O ingreso das débedas realizarase en calquer oficina da entidade de Caixa Galicia, en días laborables, de luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas nas que se presentará o documento de ingreso que se envía por correo ós domicilios dos contribuíntes. As persoas que non o reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán igualmente o pagamento. Transcorrido o prazo de ingreso en periodo voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía do constriximento e serán esixibles as recargas en periodo executivo os xuros de mora correspondentes, tal e como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral e tributaria.