Deputación de Lugo

Antón Bao presentou, xunto co segredario da Funcación Azkar, un foro deportivo que se desenvolverá na Deputación

A primeira ponencia deste foto estará impartida polo Secretario de Estado de Deporte JAIME LISSAVETZKY

A Área de Deportes da Deputación en colaboración coa Fundación Azkar veñen de constituir o Foro Fundación Azkar a través do cal se constitúe un espazo donde expertos/as e interesados/as comparten experiencias, plantexan diferentes visións e xeneran propostas, coa finalidade de recoñecer acordos e disensos, identificar problemáticas e elaborar recomendacións sobre temas do mundo do deporte dende os múltiples aspectos que abrangue. O foro non terá unha estrutura periódica senon que as conferencias organizaranse de xeito puntual segundo o interese de temas putuais que xurdan ao longo do ano. A Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, a través da Área de Deportes, ten interese en potenciar e impulsar todas aquelas actividades que sirvan para mellorar os aspectos relacionados coa formación dos axentes que interveñen na programación e organización de actividades deportivas. A colaboración que a área de Deportes mantén coas diversas entidades e clubes deportivos lucenses debe de reverter na sociedade de xeito que os fondos públicos que reciben teñan unha incidencia social. Segundo sinalou o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao “A constitución de este foro é unha mostra da nova política que a Deputación de Lugo vai a levar dende a área deportes. Unha política dirixida á colaboración desta institución cos clubes e entidades, unha política que permitirá que as axudas e subvencións que perciben as entidades deportivas de xeito directo teñan unha repercusión social a través de actividades formativas, de integración, de pulo na utilización do idioma galego no ámbito do deporte, de promoción do deporte de base e feminino”. Este foro nace dentro dos aspectos recollidos pola Fundación Azkar de desenvolver unha importante actividade nos ámbito social e cultural que redunde en beneficio do conxunto da sociedade galega en xeral, e dunha forma máis particular na lucense. Doutra banda dicir que a Vicepresidencia Primeria da Deputación Provincial de Lugo, a través da área de Deportes, ten interese en potenciar e impulsar todas aquelas actividades que sirvan para mellorar os aspectos relacionados coa formación dos axentes que interveñen na programación e organización de actividades deportivas. PONENTES DE ALTO NIVEL Neste foro haberá ponencias de alto interese para todas as persoas relacionadas co mundo do deporte. O foro terá continuidade no tempo a través da presenza de relevantes persoeiros do mundo do deporte nas súas distintas facetas: política, xestión, deportistas de elite, técnicos, medios de comunicación. O primeiro encontro do foro vaise a celebrar o vindeiro 17 de xullo ás 20:30h. coa conferencia, que impartirá o Secretario de Estado de Deporte JAIME LISSAVETZKY DÍEZ e que leva por título RETOS E OBXECTIVOS DO DEPORTE ESPAÑOL NO PERÍODO 2008/2012.