Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo doa 11 reses da Granxa Gayoso Castro para a subasta de Castroverde

Imaxe deputación de lugo
A iniciativa desenvolverase o domingo no mercado ganderio do Concello

O Deputado de Gandeiría e Alcalde de Castroverde, José María Arias, participará este domingo na subasta que realizará a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA) neste Concello. A iniciativa celebrarase no mercado gandeiro da localidade a partir das 12:00 do mediodía. En total subastaranse 10 reses de raza rubia galega e 1 de raza frisona da Granxa Gayoso Castro propiedade da Deputación. Deste xeito, a institución provincial cede os animais a través do convenio de colaboración que a Deputación mantén con ACRUGA. Os compradores que queiran subastar deberán solicitar a tarxeta de subasta antes do comezo da mesma. A subasta coincide coa celebración da feira, que no municipio ten lugar cada quince días, e que é unha das máis importantes da provincia de Lugo en gando porcino. Neste senso, ademais de poder adquirir os exemplares da Granxa provincial, os asistentes poderán disfrutar dos outros atractivos da feira. É o caso dos expositores de vehículos e do resto de postos ambulantes nos que as persoas que se achegen poderán mercar todo tipo de artículos.