Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibiu ó Secretario de Estado para o Deporte

Gómez Besteiro destacou a importancia de que “un representante del Gobierno de España acuda a Lugo para hablar de deporte”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes ó Secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky Díez, que acudiu a Lugo para impartir a conferencia “Retos e Obxectivos do Deporte Español no Período 2008-2012”, enmarcada no foro Fundación Azkar. Gómez Besteiro, que realizou a súa intervención en castelán, destacou que “es un motivo de satisfacción que el Secretario de Estado para el Deporte acuda a Lugo para ofrecer una conferencia y transmitirnos sus conocimientos adquiridos desde el 2004, año desde el cual asume con profesionalidad su cargo en el Gobierno Central”. A conferencia, que se desenvolveu logo da recepción oficial, contou coa presenza do Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, os voceiros dos tres grupos políticos (PSOE: Manuel Martínez, BNG: Eduardo Fernández Abel e polo PP o Alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López), o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Daniel Núñez Segade, a Deputada no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, a Deputada de Economía, Regina Polín, o Presidente e o Vicepresidente da Fundación Azkar, Luis Fernández Somoza e Manuel Díaz Pedrouzo, e o Presidente do Clube Azkar Lugo, Manuel Vázquez Corredoira. O titular da Deputación aproveitou a ocasión para dar a benvida a Lissavetzky ó tempo que recoñeceu o éxito acadado hai tan só algúns días pola Selección Española na Eurocopa. “Bienvenidos a todos a la Diputación provincial, a la Casa de todos los Concellos y de los vecinos y vecinas que viven en los mismos. Para nosotros es un auténtico placer y un privilegio tener a un representante del Gobierno de España para hablar de deporte. Estos días lo vimos en momentos de éxito del deporte español y también lo veremos en las Olimpiadas de agosto, lo que demostrará el éxito de una generación de deportistas que triunfan fuera de España, lo cual nos llena de orgullo”. O responsable provincial felicitou á Fundación Azkar polo gran labor que está a desenvolver no fomento do deporte entre os máis novos. Neste senso, Gómez Besteiro sinalou que “esta Fundación realiza un trabajo impagable e importante en las nuevas generaciones del deporte y lo importante que es en el día a día el deporte”. Na conferencia, o Secretario de Estado para o Deporte explicou as cinco liñas de traballo do Goberno para os próximos catro anos ó tempo que dixo que “estamos viviendo el mejor momento del deporte español en cuanto a resultados se refiere, desde lo colectivo –la Eurocopa, balonmano, fútbol sala-, hasta lo individual –Gómez Noya, Raña, Nadal, Alonso, Gasol, etc-”. Deste xeito, subliñou que a primeira acción é a extensión da práctica deportiva, entre a que se inclúe a colaboración coa Xunta de Galicia para crear un Plan de Promoción da Actividade Física e do Deporte, que estaría terminado a finais de ano. Lissavetzky engadiu que o segundo obxectivo é fomentar os valores do deporte na sociedade desde o punto de vista educativo, da saúde, da integración e da cohesión social, da igualdade de xénero, etc. A terceira, fortalecer o sistema deportivo español. Neste caso, lembrou as dúas leis aprobadas na pasada lexistatura en relación coa dopaxe e a intolerancia contra o racismo e a xenofobia, na que se inclúe a elaboración dun Libro Blanco do deporte profesional. Finalmente, as outras dúas liñas de acción para os próximos anos son converter a España nun referente a nivel polideportivo e a proxección internacional do país a través do deporte. Recepción Oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, recibiu no acceso principal do Pazo de San Marcos ó Secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky Díez. O responsable do Goberno Central foi presentado ós voceiros dos tres grupos políticos, ó Presidente e Vicepresidente da Fundación Azkar, e ó Presidente do Clube Azkar Lugo. Acto seguido, Gómez Besteiro fíxolle entrega dunha zanfona en miniatura, instrumento musical de orixe medieval que é fabricado polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Traxectoria Jaime Lissavetzky Jaime Lissavetzky Díez é Doutorado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, donde lle foi concedida a Medalla de Honra. Lissavetzky foi Científico Titular do Consello Superior de Investigacións Científicas. Dentro da súa carreira política, foi Conselleiro de Educación, Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid desde 1985 a 1995. Foi tamén Secretario Xeral da Federación Socialista Madrileña, Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na Asamblea de Madrid e Senador na VI Lexislatura. Durante a VII Lexislatura ocupou escano no Congreso dos Deputados, donde foi Vicepresidente Segundo da Comisión de Ciencia e Tecnoloxía do Congreso. O 19 de abril de 2004 foi nomeado Presidente do Consello Superior de Deportes con rango de Secretario de Estado polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.