Deputación de Lugo

O CENTRAD oferta o cuarto curso de cestería da modalidade de médula de roten e vimbio

Os asistentes aprenderán a construír cestos de médula sobre base de madeira, tecida, redonda e base ovalada

O vindeiro luns, 18 de agosto, dará comezo o cuarto curso de cestería da modalidade: médula de roten e vimbio. Ata o 29 deste mes, os asistentes aprenderán a construír cestos de médula sobre base de madeira, base tecida, redonda e base ovalada. É o cuarto curso que se imparte desta modalidade, incluída na programación de verán de cestería do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Dispón de 40 horas de formación e desenvolverase de 16:30 a 20:30 horas no Centro de Cestería do río Rato. Conta cunha capacidade de 10 alumnos como máximo. A inscrip ción poderá realizarse ata dous días antes do comezo do mesmo. Balance cursos cestería 2008 A programación de cestería 2008 comezou a finais de xaneiro. Ata estes momentos, realizáronse 22 cursos dos 34 que o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación oferta este ano. Asimesmo, impartíronse 615 horas das 959 previstas. Nos obradoiros participaron 161 persoas. Deste xeito, ademais do éxito de participación, constátase tamén que a procedencia dos cursillistas é cada vez máis variada. Neste senso, nos cursos déronse cita alumnos da Coruña, Barcelona, Xirona, Ourense e Pontevedra. Con respecto á provincia, tamén aumentou o número de participantes pertencentes a outros Concellos. Ademais do de Lugo, houbo alumnos residentes nos municipios do Saviñao, Burela, Viveiro, Castro de Rei, Pastoriza, Xermade, Mosteiro, Chantada, Outeiro de Rei e Baleira.