Deputación de Lugo

Continúan as visitas dos participantes nos Campamentos Vive o Verán en Lugo á Reserva
Terras do Miño

Imaxe deputación de lugo
Os rapaces tamén coñecerán as Insuas do Miño incluídas na Reserva declarada no ano 2002

O participantes dos Campamentos Vive o Verán en Lugo realizarán mañá, martes, unha visista guiada ó Centro de Interpretación Terras do Miño. A iniciativa está organizada polo Pazo de Feiras e Exposicións e o Concello de Lugo en colaboración co Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES). A actividade consta dun programa adaptado ás idades dos visitantes. Deste xeito, de 9:00 a 11:00 horas, os rapaces visitarán o Centro do río Rato, donde recibirán material divulgativo que lles axudará a coñecer a bioxeografía da Reserva da Biosfera declarada no ano 2000. Acto seguido, os participantes desprazaranse ata distintos puntos de interese do espazo natural como as ruta das Insuas do Miño. 100 rapaces con idades comprendidas entre os catro e os dezaséis anos realizarán visitas ó Centro durante os meses de xullo e agosto, donde poderán coñecer, interpretar e valorar o medio natural dun xeito divertido á vez que didáctico. Co desenvolvemento destas actividades preténdese promocionar o coñecemento e interpretación do medio natural, cultural e etnográfico tanto da propia cidade como do seu entorno. Dun xeito lúdico, pero á vez formativo, mediante o desenvolvemento de actividades de educación ambiental e de coñecemento e interpretación, preténdese ir creando conciencia e sensibilidade ante o noso entorno, incluído na Rede Internacional de Reservas da Biosfera. O coñecemento da natureza, o aprecio polos valores culturais e etnográficos, así como a súa involucración directa farán que os labores de conservación e de protección do medio sexan máis frutíferas e permanentes no tempo, exercendo ó mesmo tempo un efecto en “cadea” á hora de transmitir ditos valores entre familiares e amigos. Desenvolvemento dos Campamentos Vive o verán en Lugo desenvólvese nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos nos meses de xullo e agosto, en catro turnos de acordo coas quincenas dos respectivos meses. Ademais de nas instalacións de dito lugar, tamén se desenvolven diversas actividades no polideportivo do Palomar, Campo de Fútbol da Cheda e no Clube Fluvial, entre outros. En canto ás saídas de carácter cultural, lévase a cabo unha delas en cada grupo de idade ó Centro de Interpretación do Rato e á Reserva da Biosfera, dependentes do INLUDES. Na primeira quincena de agosto as visitas realizaranse o xoves e venres, días 7 e 8. Asimesmo, terá lugar unha excursión de final de campamentos á Granxa Escola Garabullos en Sistallo (Cospeito) para o grupo de 4 a 8 anos e outra ó Parque Acuático de Cerceda para o grupo de 9 a 16 anos.