Deputación de Lugo

O Presidente, en funcións da Deputación, Antón Bao presentou a XXX Edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

A semana celebrarase entre os días 21 e 27 de setembro

O presidente en funcións da Deputación, Antón Bao, presentou hoxe a XXX edición da semana internacional de cine de autor. Acompañaron a Antón Bao, na presentación, estiveron presentes o Presidente do Grupo Fotográfico Fonmiña, Xulio Xiz, o Director da semana de cine, Manuel Curiel, o xerente da obra social de Caixa Galicia, Sinesio Pérez Rodríguez, Ramón Cortés, Delegado da Consellería de Innovación e Industria, Xefa do Servizo de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta e a concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Concepción Burgo. A presentación celebrouse no salón de plenos do Concello de Lugo. Antón Bao resaltou a importancia desta actividade para a cidade de Lugo e loubou o traballo dos organizadores “unha mostra inequívoca da calidade do traballo desenvolto pola organización é o feito de acadar a decimo terceira edición desta semana de cine”. Antón Bao fixo fincapé na importancia da colaboración entre as distintas institucións e entidades á hora de posibilitar a execución de eventos como a semana de cine “unha vez máis demostrase a necesidade de sumar esforzos e colaborar entre as distintas institucións e entidades, vencelladas á cidade de Lugo, para facer posibles proxectos da envergadura desta semana de cine que este ano chega á decimo terceira edición”. Antón Bao tamén felicitou aos organizadores por organizar paralelamente á celebración da semana de cine outros eventos de carácter cultural como exposicións e xuntanzas de escritores.