Deputación de Lugo

O CLUBE ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOURENZÁ PROCLAMOUSE GAÑADOR DO PRIMEIRO ENCONTRO DA SUPERCOPA DEPUTACIÓN DE FUTBOL

Celebrouse no estadio Viñas da Veiga de Mondoñedo o primeiro partido da Supercopa Deputación que enfrontou aos equipo do Atlético Murlla, S.D. Guitiriz e Escolas Deportivas de Lourenzá no sistema de 3 en 1

Mañá domingo celebrarase o segundo encontro entre o Outeiro de Rei e o Clube Deportivo Lugo e o Lemos no estadio de A Marosa en Burela Nesta fin de semana celébranse os encontros correspondentes á Supercopa Deputación de Futbol esta competición, que se enmarca nos actos de conmemoración do 25 aniversario da Copa Deputación, disputase polo sistema de 3 en 1, o sábado 23 de agosto no Estadio Municipal de Mondoñedo “Viñas da Veiga” ás 18:00 horas, enfrontaronseos equipos Atlético Muralla, S.D. Guitiriz e Escolas Deportivas de Lourenzá. O domingo 23 de agosto ás 18:00 horas no Estadio de “A Marosa” de Burela enfrontaranse os equipos: C.D. Lugo, C.F. Outeiro de Rei e C.D. Lemos. Na primeira xornada enfrontaronse, polo sistema 3 en 1, nos primeiros 45 minutos os equipos do Escolas Deportivas de Lourenzá e Atlético Muralla, S.D, resultando gañador o Lourenzá con un resultado favorable de 2 – 0. No segundo encontro, no que se enfrontaron o Atlético Muralla, S.D co S.D. Guitiriz, proclamouse gañador o Guitiriz cun resultado de 2-0. Na final, que se disputou entre so gañadores dos dous primeiros encontros alzouse como campión, por 3 goles a 0, o clube Escolas Deportivas de Lourenzá. Esta primeira xornada xogouse entre o subcampión da Copa Deputación disputada entre os equipos de Autonómica Preferente e 1ª autonómica e o campión e subcampión da Copa Deputación disputada entre os equipos de 2º e 3ª autonómica. A segunda xornada disputarase entre o campión da Copa Deputación disputada entre os equipos de Autonómica Preferente e 1ª autonómica e os clubes da provincia que militan nas categorías máis altas do fútbol, o C.D. Lugo, e o C.D. Lemos. O responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, manifestou a súa satisfacción polo alto grado de participación nesta competición e polo alto nivel de xogo despregado polos equipos finalistas, Veiga quixo felicitar, tamén ás afeccións de ámbolos dous equipos que se desprazaron ao campo de fútbol de Mondoñedo.