Deputación de Lugo

MÁIS DE UN CENTO DE PERSOAS PARTICIPAN NAS AULAS
DA TERCEIRA IDADE DE LUGO

O vicepresidente primeiro da Deputación foi o encargado de inaugurar o curso 2008-2009 que está organizado pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos

O Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao foi o encargado de inaugurar as Aulas da Terceira Idade que neste ano cumpren trinta anos de historia e de traballo. As actividades con carácter permanente desenvolvidas por esta entidade englóbanse en catro grandes áreas a cultural, a ocupacional, a da saúde e a do lecer. A Fundación Aulas da Terceira Idade é unha entidade que leva máis de trinta anos traballando pola formación integral no eido socio-cultural das persoas maiores. Desde a Fundación búscase ofertar unha formación integral en temáticas actuais e concretas completándoa con programas específicos sobre o medio ambiente, o voluntariado cultural ou a formación para a saúde. Neste curso daráselle un novo enfoque pedagóxico as actividades que levan moitos anos impartíndose na entidade e incluír nos programas permanentes, actividades que teñen que ver coa dimensión da formación que non é a mera adquisición de coñecementos. Este é un proceso que implicitamente sempre se realizou en ATEGAL pero que ano tras ano tentan mellorar. En palabras do Vicepresidente Primeiro Antón Bao:”Cremos que a formación é a mellor ferramenta para saber ser, saber facer e saber estar nos tempos actuais.” As novidades existentes en cada unha das nove sedes, podénse consultar no sexto número da revista ATEGAL que hoxe se entregan na inauguración do curso e que é un proxecto máis consolidado na vida de ATEGAL. Tamén contan coa revista dixital Rumorosos, que se pode consultar en www.rumorosos.com e que sairá un novo número en breve e quere contar coa participación de todos, profesores, alumnos e autoridades.