Deputación de Lugo

Caixanova e Deputación colaboran na implantación dun sistema de calidade ambiental no Pazo de San Marcos

A Área de Formación e a Escola para as Administracións Públicas de Caixanova deseñarán un programa formativo dirixida ós representantes municipais

O Presidente provincial presentou os novos agasallos institucionais da Deputación basados en lotes de produtos autóctonos que reivindican la gastronomía da provincia, os seus recursos naturais e o lema “E para comer… Lugo” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron este venres dous convenios de colaboración en materia formativa e de xestión da calidade medioambiental. Gómez Besteiro explicou que a Deputación implantará un sistema de xestión medioambiental no edificio administrativo e un sistema de calidade e medio ambiente na Área de Economía e Facenda. “A través desta iniciativa trataremos de controlar os impactos da nosa actividade de acordo coa política medioambiental que estamos a seguir e coa lexislación vixente. O medio ambiente está a ser un dos eixos claros deste mandato, tal e como se demostra con este convenio e outros proxectos como Lug02, a Axencia Provincial da Enerxía ou Km0”. A implantación dun modelo de xestión de calidade na Área de Economía e Facenda e un modelo de xestión medioambiental en todas as áreas administrativas van encamiñados a conseguir o EMAS, certificado que acredita a Unión Europea a unha entidade por cumprir os criterios de política medioambiental. Este modelo de xestión e organización persegue, principalmente, reducir a enerxía xerada e reciclar os residuos producidos polo organismo provincial. “O principal obxectivo é preservar o medio ambiente e previr a contaminación. Ademais, coa súa implantación estamos transmitindo que somos unha Administración moderna baseada nunha organización seria, ó tempo que reduciremos custes grazas a unha axeitada xestión dos recursos como a enerxía e a auga, e a reciclaxe de residuos. Ademais, contribuímos a sensibilizar ós cidadáns da importancia que ten preservar o medio natural”. Formación para Alcaldes e Concelleiros A institución provincial, a través da Área de Formación, e a Escola para as Administracións Públicas de Caixanova deseñarán e impartirán a formación prevista na “Área formativa para o Desenvolvemento da Xestión Local”, dirixida á actualización dos cargos electos dos municipios da provincia de Lugo. Coa posta en marcha desta iniciativa, que conta cun investimeno de 67.000 euros, perséguese perfeccionar os coñecementos de Alcaldes e Concelleiros de Lugo en materia de política e goberno local, así como as formas de organización e as diferentes políticas sectoriais desenvolvidas desde a actividade municipal. En concreto, abordaranse aspectos referidos á xestión financieira e presupostaria, á planificación e xestión urbanística, ás habilidades directivas ou ó marKeting dos servizos públicos. O acordo foi ratificado hoxe pola Xunta de Goberno da Deputación. A Escola para as Administracións Públicas de Caixanova conta cunha ampla experiencia neste senso, xa que desde a súa creación en 2001 organizaron máis de 200 actividades formativas, ás que asistiron máis de 6.500 directivos e cargos electos. “Lugo Sabe” O Presidente da Deputación reforza con obsequios constituídos por produtos gastonómicos lucenses o proxecto de promocionar a provincia. Gómez Besteiro presentou esta iniciativa ó Presidente de Caixanova, quen recibiu un destes agasallos que forman parte dos lotes “Lugo Sabe”. O responsable provincial explicou que “tendo en conta que Galicia destaca polo bo facer culinario, elaboráronse catro lotes de alimentos. Son paquetes que conteñen produtos autóctonos da terra e do mar que reivindican o orgullo de ser lucense, impulsan a economía e o comercio local, e permiten redescubrir a nosa provincia”. Son catro “packs” formados por alimentos non perecedeiros e de longa duración: LOTE COMÚN; formado por aqueles produtos máis representativos da provincia como son o queixo de San Simón da Costa, unha botella de Algueira (Ribeira Sacra), outra da Adega Barbado de Sober –que foron as que obtiveron, respectivamente, o primeiro premio barrica e cosecha 2007– e unha de aceite de Quiroga. O “pack” inclúe, ademais, unha tarta de Mondoñedo, melindres de Sarria, fabas de Lourenzá, augardente de Portomarín, castañas en almíbar de Chantada, mel de Lugo, salchichón da Fonsagrada, torta de millo de Guitiriz, bonito de Celeiro, bombóns de Lugo e rosquillas de Monforte. LOTE COMARCAS; formado por produtos típicos de cada comarca. - A Mariña: bonito de Celeiro, fabas de Lourenzá, roscas de Viveiro e unha peza de Burelarte. - Ribeira Sacra: botella Algueira, aceite de Quiroga, castañas en almíbar e rosquillas de San Blas. - Terra Chá: queixo de Prestes, grelos e chourizos de Vilalba e queixo de Abadín. - A Montaña: salchichón e bolsa de chorizos da Fonsagrada, queixo do Cebreiro e mel do Courel. - Lugo centro: augardente de Portomarín, melindres de Sarria, bombóns de Lugo, mel de Lugo e queixo da Ulloa. LOTE MINI; formado por alimentos de pequeno tamaño para a cata: augardente de Portomarín, mel do Valadouro, queixo de San Simón, marmelada da Fonsagrada, melindres de Sarria, bonito de Celeiro, bombóns de Lugo e chourizos da Fonsagrada. Esta iniciativa súmase a outras impulsadas pola Presidencia como é o programa de visitas institucionais á Deputación e á provincia, Km0, que busca entre outros obxectivos, que os veciños e veciñas de Lugo descubran o enorme potencial que ten a provincia a nivel medioambiental, xa que o 55% do territorio é Reserva da Biosfera. Os regalos gastronómicos complementan os do Centro de Artesanía e Deseño que, elaborados polos artesáns, son empregados polo Presidente da Deputación en visitas ou recepcións institucionais. É o caso das bufandas, diferentes réplicas de instrumentos musicais que figuran no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, artículos de xoeiría, etc.