Deputación de Lugo

A Xunta de Goberno aproba os modelos para presentar solicitudes ó Plan de Comunidades Veciñais

A Deputacion destina 2,2 millóns de euros a este Plan que aprobado no Pleno do pasado mércores

A Xunta de Goberno deste venres aprobou o modelo de solicitude de subvencións a entidades asociativas e agrupacións de veciños para a realización de obras e establecemento, ampliación e mellora de servizos de interese veciñal. O Deputado da Área de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, destacou que “todo o proceso vai con moita rapidez xa que o pasado mércores, o Pleno aprobou as bases deste Plan e a súa dotación económica, que é de 2,2 millóns de euros, e hoxe xa se deu o visto e prace ó modelo de solicitude”. Gato Soengas sinalou que “esta iniciativa ten como finalidade artellar axudas para a realización de obras de acondicionamento no medio urbano e rural, tales como a execución de pequenos abastecementos de agua potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros ou alumeados públicos. Son obras que habitualmente quedan fora dos plans de actuación do Concellos por ser de pouca entidade, pero que son necesarias para os intereses dos veciños”. As subvencións convócanse en réxime de concurrencia competitiva. A contía de cada axuda non poderá superar os 12.000 euros nin exceder o 75% do importe da actividade subvencionable. Comparecencias en recursos A Xunta de Goberno tamén acordou a comparecencia da Deputación en dous recursos contencioso-administrativos relacionados con reclamacións de responsabilidade patrimonial por accidentres de tráfico en estradas provinciais. “Lamentablemente, un deles tivo unhas consecuencias fatais, xa que faleceu o conductor dunha moto, de 38 anos de idade, ó chocar contra un corzo que invadiu a calzada nun TECOR. O accidente tivo lugar na estrada LU-1112, de Muimenta a Pacios, no termo muinicipal de Castro de Rei, e demándase ó organismo provincial unha indemnización de 70.000 euros”. A Deputación tamén comparecerá no caso doutro sinistro que tivo lugar o 8 de febreiro de 2007 na LU-1510, en Cervo. Neste caso, o demandante reclama unha indeminización de 972 euros polo danos ocasionados no seu vehículo nunha saída de vía.