Deputación de Lugo

Aprobadas as axudas que o INLUDES concede ós autónomos da provincia en 2009

Imaxe deputación de lugo
O prazo de solicitude comezará a mediados de setembro e as bases xa están colgadas na páxina web da Deputación

A través do programa de Apoio ó Tecido Empresarial, dotado con 700.000 euros, o organismo provincial subvencionará gastos correntes deste colectivo, converténdose nunha das poucas Deputacións de España que impulsa un programa destas características A Comisión Executiva do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), presidida polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, aprobou este luns as axudas do Programa de Apoio ó Tecido Empresarial para este ano, das que se beneficiarán uns 400 empresarios da provincia. O prazo de solicitude comezará a mediados de setembro e as bases xa poden consultarse na páxina web do organismo provincial. Os beneficiarios teñen que reunir as seguintes condicións: desenvolver a súa actividade na provincia, cumprir a condición de PEME e obtiveron en 2008 unha renda neta inferior ó Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) anual, que se cifra en 7.236 euros. Con estas axudas, a Deputación subvencionará gastos correntes deste colectivo, tales como recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer, de tal xeito que a institución provincial aforra cartos ós autónomos e lles axuda a manter o seu negocio nun momento de crise económica como o actual. O organismo provincial convértese así nunha das poucas Deputacións de España que impulsa unha medida destas características. A esta iniciativa destina 700.000 euros. É un programa moi realista, moi práctico e elaborado desde o sentido común, xa que se subvencionará ata 100% destes gastos ata un máximo de 3.000 euros por autónomo. O 1 de agosto de 2009 a provincia de Lugo rexistrou 39.876 afiliacións á Seguridade Social na modalidade de autónomos, o que representa o 30% das cotizacións na nosa provincia. Este colectivo representa o 62% do tecido empresarial lucense, é dicir, das aproximadamente 25.000 empresas que hai na provincia, unhas 15.600 teñen como condición xurídica a persoa física. Escola Obradoiro A Comisión Executiva tamén aprobou as bases do convenio de colaboración coas Residencias de Maiores das Gándaras, de San Vicente de Paúl e a de San Roque para a realización de prácticas profesionais dos alumnos traballadores da Escola Obradoiro de Servizos á Comunidade, que o INLUDES puxo en marcha xunto coa colaboración da Xunta de Galicia. A Escola Obradoiro iniciouse o 30 de decembro de 2008 e desenvolverase ata o 30 de xuño de 2010. A través desta iniciativa, o organismo dependente da Deputación capacita e especializa a un grupo de 30 alumnas no coidado e atención a domicilio a maiores e discapacitados, ó tempo que lles facilita a inserción laboral en actividades catalogadas como novos filóns de emprego. A esta iniciativa destínanse 595.486 euros. Parques biosaudables O INLUDES instalará e equipará dúas áreas recreativas-parques infantís nos Concellos de Burela e Becerreá por 66.700 euros. O organismo dependente da Deputación adxudicou hoxe a instalación destas infraestruturas a Instalacións Bahía Park. Ó parque de Burela ten un custe de 41.876 euros é a de Becerreá 24.824. A Deputación colabora cos Concellos neste tipo de iniciativas porque supoñen unha mellora dos espazos adicados ó medio ambiente e das condicións de vida dos cidadáns. O organismo provincial costeará o balancín, o carrusel, os bancos, as papeleiras e o restos de elementos dos parques que se ubicarán no Parque de Rosalía de Castro de Burela e no de Valgamarían en Becerreá.