Deputación de Lugo

CINCO NOVAS MOSTRAS CHEGAN AO MUSEO DE LUGO NESTE MES DE NOVEMBRO

A sala de exposicións da Deputación acollerá unha mostra de álbum ilustrado onde o espectador poderá dialogar coa propia obra

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou esta mañá, en rolda de prensa, as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro no Museo Provincial de Lugo. Antón Bao que estivo acompañado na roda de prensa pola Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro destacou as diferentes actividades que se van levar a cabo as fins de semana dentro das 75 festas que se están organizando desde o Museo Provincial por mor do aniversario da entidade e que se están convertendo nun referente lúdico para as familias lucenses. Neste mes contaremos con contadoras de historias como María Inés Cuadrado que se achegou ao museo a primeira fin de semana de novembro e Fátima Fernández que lles dará vida aos seus contos o día 8 de novembro. Os títeres tomarán vida no Museo o día 15 da man da Compañía do Teatro do Liló coa obra a Lampadiña de Cristal. A música de man de Antón Castro e do seu espectáculo de Contar e cantar encherá as salas do provincial o día 23 rematando coa música o día 30 co percorrido musical de diferentes épocas contado a través dunha fermosa historia co que nos deleitarán Devagariño coa música. Dentro das 75 festas tamén poderemos ver diferentes documentais de divulgación científica para nenos e nenas. Bao informou da inauguración, neste mes, de varias exposicións na salas dependentes do museo de Lugo. A primeira delas será inaugurada o día 4 de novembro, unha mostra da artista Estefanía Novos, esta exposición que leva por título “A casa de Heno” estará aberta ata o día o 23 de novembro na sala de exposicións da Deputación provincial. Outra das exposicións que se inaugurará neste mes de setembro será unha mostra do artista Diego Casado. A mostra que leva por título “A poética do baleiro” estará aberta, no museo provincial dende o 20 de novembro ata o 2o de decembro. O 7 de novembro inaugurase, unha mostra do artista Bernardo Tejeda, que baixo o título Os Santos. 13 epígonos poderá verse até o 28 de novembro. Do 14 ao 28 de novembro poderemos desfrutar da obra do lucense Ángel González Doreste. A última das exposicións que acollerá a sala de exposicións da Deputación achegará aos visitantes dun xeito diferente de achegamento ao álbum ilustrado, a mostra da editorial OQO “Novas formas de mirar o álbum ilustrado”que nos achegará ao libro como un obxecto artístico que ten perspectiva tridimensional. LÁMINAS DO CARTAFOL E PROXECCIÓNS CONTRA O MURO Como ven acontecendo dende o comenzo da celebración do 75º aniversario do museo todos os días 10 de cada mes está programada a actividade CONTRA O MURO, de 20:00 a 24:00 horas, proxéctanse nas fachadas exteriores do Museo Provincial imaxes das pezas do propio museo. Esta actividade é unha máis das programadas para facer do museo un museo vivo e achegalo á cidadanía. Coa finalidade de completar as 75 láminas que encherán a finais deste ano o Cartafol do Museo, cada cinco días, entregase unha lámina cunha imaxe dun peza ou estancia do museo. Esta lámina entregase, de xeito gratuíto, a carón da figura ou estancia que aparece reflexada na lámina. Entregaranse durante o mes de novembro 6 láminas con pequenos bocexos de pezas existentes no museo provincial de Lugo.