Deputación de Lugo

Éxito do ciclo de conferencias Impactos Ambientais: Enerxías Renovables en Galicia

Imaxe deputación de lugo
Unhas 200 persoas, principalmente estudantes da USC, participaron nas xornadas celebradas na Deputación

Preto de 200 persoas participaron no ciclo de conferencias Impactos Ambientais: Enerxías Renovables en Galicia que se desenvolveu no Salón de Actos da Deputación desde o 3 ó 5 e do 10 ó 13 de novembro. Esta foi a décimo novena edición dunhas xornadas que están totalmente implantadas na actividade da institución provincial, e que se enmarcan dentro da colaboración que a Deputación mantén coa Real Academia Galega de Ciencias. As xestión realizadas pola Vicepresidenta Segunda e Responsable do INLUDES, Lara Méndez, fixeron posible que durante estes días se desen cita no Pazo de San Marcos especialistas do ámbito que debatiron sobre o futuro das enerxías renovables en Galicia. É o caso dos catedráticos de Enxeñería Química, de Produción Vexetal, do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, Antonio Rigueiro Rodríguez e Manuel Bao Iglesias, así como o Director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans del Valle, o Xerente de Sotavento S.A, José Núñez Baña, e os profesores do Departamento de Enxeñería Agroforestal e Enxeñería Agroforestal-Enxeñería Hidráulica da USC, Ramón Velo Sabín e Gregorio Iglesias Rodríguez. Deste xeito, abordáronse temas de grande actualidade como o aproveitamento da enerxía solar e maremotriz en Galicia ou as experiencias realizadas na nosa Comunidade relativas á transformación da biomasa en enerxía térmica e eléctrica, a enerxía na sociedade tecnolóxica, utilidade de residuos e cultivos agroforestais para a produción enerxética, as propiedades e utilidade dos biocombustible e a funcionalidade de Sotavento, Centro de referencia en Galicia en investigación e divulgación en enerxías renovables. Ás conferencias asistiron preferentemente alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, concretamente do Campus de Lugo e estudantes das titulacións relacionadas co título das xornadas. Os asistentes recibiron un diploma acreditativo e os estudantes universitarios un crédico de libre configuración. Esta actividade inclúese dentro da aposta que fai a Deputación polo medioambiente e complementa outras actuacións postas en marcha pola institución provincial neste eido como son a creación dunha Axencia Provincial da Enerxía, Lug02 e Km0.