Deputación de Lugo

Alonso Montero clausura na Deputacion as xornadas sobre “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX”

O Presidente da Deputación recibiu a Gerardo Fernández Albor, que falou sobre a súa relación persoal con Piñeiro

Destacados especialistas analizaron durante tres días a extensa traxectoria do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas O catedrático de literatura galega e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, clausura este xoves as xornadas “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración da Deputación e que se desenvolveron desde o pasado luns no Pazo de San Marcos. A reivindicación da cultura galega por parte de Piñeiro, ó que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, será analizada por Alonso Montero na súa intervención. Pero, ademais, durante tres días, outros destacados representantes da culta galega abordaron diversos aspectos da extensa e polifacética traxectora de Ramón Piñeiro, como a editoral, a ensaística ou a política. Recepción a Fernández Albor O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este mediodía a outro dos conferenciantes nesta última xornadas, o ex Presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, que falará sobre a súa relación persoal con Ramón Piñeiro, que foi o que o animou a entrar en política no incio da transición democrática. Fernández Albor, que presidiu o Goberno Galego desde o 22 de enero de 1982 ata o 23 de septembro de 1987, formou parte, xunto a Piñeiro, da Xeración Galaxia e coincidíu con destacados personaxes da intelecutalidade galega do momento como Domingo García Sabell, Francisco Fernández del Riego ou Xaime Isla. Firme defensor da cultura galega, Albor participou en importantes institucións como o Padroado Rosalía de Castro, a Fundación Otero Pedrayo, o Instituto da Lingua Galega e do Museo do Pobo Galego.