Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN RECIBIU Á JUDOCA SARA ÁLVAREZ E AO TRIATLETA OSCAR VICENTE

Estes dous deportistas están na élite europea das súas correspondentes categorías

A Área de Deportes destinará 50.000 euros a bolsas destinadas a deportistas individuais que percibirán un máximo de 2.000 euros por bolsa LUGO, a 16 de outubro de 2008. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, recibiu no Pazo de San Marcos a dúas das promesas máis afianzadas do deporte galego. A campiona de Europa de judo sub-20, Sara Álvarez, e o actual campión europeo junior de Duatlón, Oscar Vicente, mantiveron un encontro co vicepresidente primeiro, cos responsables da área de Deportes e cos portavoces dos grupos políticos con representación na Deputación de Lugo. Tras ser recibidos na sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ámbolos dous deportistas fixeron as correspondentes declaracións ante os medios de comunicación. Así mesmo o vicepresidente primeiro da Deputación lembrou o empeño da Área de Deportes da Deputación en apoiar aos deportistas galegos que comenzan dende a base practicando deportes minoritarios “hoxe temos o pracer de recibir a dous deportistas que son un claro exemplo de esforzo e entrega á práctica do deporte en disciplinas nas que se compite de xeito individual, deportistas para os que non é fácil atopar os apoios necesarios para manter unha traxectoria deportiva que se corresponda cos resultados que están a acadar nas distintas probas nas que participan”. O vicepresidente primeiro aproveitou para referirse ás bolsas para deportistas que a Área de Deportes ven de convocar para este ano 2008 e que mañá venres sairán publicadas no BOP “Sara Álvarez e Oscar Vicente poden exemplificar perfectamente o perfil dos deportistas aos que van dirixidas as bolsas a través das cales a Área de Deportes da Deputación destinará 50.000 euros para apoiar as súas traxectorias”. Estas bolsas irán destinadas a Deportistas individuais con potencialidades para acadar resultados importantes dentro da súa disciplina deportiva e que en moitas ocasións non dispoñen dos medios necesarios para poder asistir ás competicións e dotarse da equipación necesaria para competir ao nivel axeitado. Segundo Antón Bao “está no noso ánimo apoiar a todas aquelas persoas que practican disciplinas deportivas nas que se compite de xeito individual e que en moitos casos, a pesares de estar na alta competición, non perciben as axudas necesarias para poder manter a súa actividade deportiva ao nivel necesario para acadar os resultados que se corresponden ao seu nivel competitivo”. As bolsas que convocará Área de Deportes concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. As bolsas terán como obxecto o de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada. Para a convocatoria destas prazas establécense tres grupos de beneficiarios, segundo a idade dos aspirantes ás bolsas: Grupo A.- de 14 a 16 anos; Grupo B.- de 17 a 18 anos; Grupo C.- maiores de 18 anos. Para este programa de bolsas está previsto un orzamento, con cargo ao ano 2008, de 50.000 euros e o importe máximo de cada unha das bolsas será de 2.000 euros por deportista. A concesión das bolsas virá determinada por unha Comisión de Valoración Técnica que terá en conta uns criterios de valoración baseados no proxecto deportivo, nos meritos e no historial deportivo do solicitante. Bao tamén destacou que se terá en conta, no baremo establecido, o lugar de residencia do deportista para que non exista discriminación nin agravios comparativos entre aqueles que vivan nas vilas e cidades e os que residen no medio rural. O ÉXITOSO PRESENTE DE DÚAS PROMESAS DO DEPORTE GALEGO A judoca lucense Sara Álvarez proclamouse recentemente campioa de Europa sub 20 na categoría de máis de 78 quilogramos, ao imporse na final á bielorrusa Maryna Slutskaya. Álvarez logrou desta forma a única medalla que conseguiu a representación española no campionato Europeo celebrado en Varsovia. O deportista do Club Fluvial de Lugo, Óscar Vicente, obtivo o pasado mes de setembro a terceira posición na proba junior do Mundial de dúatlon, que se disputou en Rimini (Italia). Oscar Vicente Rodríguez naceu en Marzán-O Rosal en 1990, conta cunha bolsa no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, é unha das máis firmes promesas do triatlon galego. Poseedor dun envidiable palmarés en categoría cadete e xuvenil sigue os pasos das grandes figuras galegas como Javier Gómez Noya, Iván Raña ou David Castro.