Deputación de Lugo

Comeza o segundo curso sobre o procedemento para xuízos rápidos destinado a policías locais

Imaxe deputación de lugo
19 axentes participarán nesta actividade formativa que organiza a Deputación en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública

Axentes das Policías LocaIS de Lugo, Sarria, A Fonsagrada, Sarria, Pontevedra e Vigo participarán desde este luns no segundo curso denominado Operativa policial nos casos de xuízos rápidos incluído no convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Academia de Seguridade Pública para a formación de membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos Concellos da provincia de Lugo. Neste caso tamén participan dous axentes da provincia de Pontevedra porque había prazas libres e o acordo contempla esta posibilidade. Con este curso, que se desenvolverá ata o xoves nas Aulas de Formación da Deputación, preténdese, entre outros obxectivos, actualizar o procedemento para o axuizamento rápido de determinados delitos. Tamén se darán a coñecer as actuacións necesarias a desenvolver por parte da policía local como policía xudicial e manexaranse formularios que permitan a concreción de atestados e dilixencias policiais para o seu traslado á autoridade xudicial. Nesta actividade formativa participan 12 axentes de Lugo, 2 de Sarria, 1 de Guitiriz, 1 da Fonsagrada, 1 de Pontevedra e 1 de Vigo. Este segundo curso será impartido polos mesmos poñentes que na primeira edición: o maxistrado-xuíz do Xulgado de Instrución nº4 da Coruña, Víctor Pardo Domínguez, o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Román Ruíz Alarcón, e o xefe da policía local de Pontevedra, Daniel Macenlle Díaz. Colaboración coa Academia de Seguridade Pública O convenio asinado para 2008 entre a Deputación e a Academia de Seguridade Pública inclúe seis cursos para policías locais e a participación de bombeiros da provincia de Lugo nunha actividade que terá lugar en Pontevedra. Tres destas actividades desenvolvéronse en Foz, Vilalba e Monforte e abordaron a reforma do Código Penal respecto ós delitos relacionados co tráfico. Os outros tres, que se celebran nas Aulas de Formación da Deputación, son sobre a actuación policial nos casos dos xuízos rápidos. Polo que se refire ós bombeiros, dispoñerán de 10 prazas para un curso que terá lugar na cidade do Lérez sobre a intervención en sinistros con mercadorías perigosas.