Deputación de Lugo

Os inmigrantes tamén se suman a Km0

O Presidente da Deputación recibe no Pazo de San Marcos ó primeiro grupo de extranxeiros entre os que había varios bebés

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos ó primeiro grupo de inmigrantes que participa no programa de visitas institucionais “Km0”. Trátase de membros da asociación de inmigrantes de Sarria, que elexiron a ruta que inclúe o Mazo de Santa Comba e a Ribeira Sacra. Colombianos, brasileños, venezolanos, cubanos e dominicanos, entre os que había varios bebés e nenos, súmanse a esta iniciativa que ten por obxectivo dar a coñecer tanto a actividade da Deputación como a riqueza patrimonial e paisaxística da provincia. Neste caso son persoas de orixe americana as que se animaron a coñecer mellor a provincia na que residen. Optaron polo destino máis demandado de “Kmo”, a Ribeira Sacra, que inclúe unha viaxe en catamarán polos canóns do Sil. Mañá serán varios veciños de Foz, en concreto do Club Náutico, os que se desprazarán ata o sur da provincia para coñecer a Ribeira Sacra e os canóns do Sil.