Deputación de Lugo

AURELIA BALSEIRO É A NOVA DIRECTORA DO
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Licenciada en Xeografía e Historia, na Especialidade de Museoloxía, Aurelia Balseiro, afronta unha nova etapa na que se elaborará un novo proxecto museográfico e museolóxico que contempla a ampliación e a reestruturación do edificio do museo provincial Esta mañá foi presentada ante os medios de comunicación a que será a nova directora do Museo Provincial. Aurelia Balseiro García naceu en O Vicedo e é Licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Aurelia Balserio está vencellada á Área de Cultura da Deputación dende o ano 1997 e na actualidade ostenta un dos postos de Técnico de Actividades socioculturais da Área de Cultura Deputación de Lugo, vencellada ao Servizo de Publicacións da Deputación Provincial. A súa formación académica dota ao Museo Provincial dunha dirección técnica e científica, da que carecía na actualidade, o que servirá para poñer ao Museo Provincial na vangarda dos Museos de Galiza. Na presentación, que se celebrou nunha das salas que en tempos ocupou o museo Nelson Zumel, Aurelia Balseiro estivo acompañada do vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e do deputado responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga. Na súa intervención, a nova directora do museo, manifestou a súa disposición de continuar e mellorar as liñas de traballo dos distintos departamentos do museo provincial e para aproveitar a oportunidade, que supón contar cos espazos anteriormente ocupados polo museo Nelson Zumel e os que xurdan grazas á futura ampliación do edificio, para plantexar un novo proxecto museográfico que defina o carácter do museo provincial. A REORGANIZACIÓN MUSEOGRÁFICA UN DOS TRABALLOS QUE ACOMETERÁ A NOVA DIRECTORA DO MUSEO Na vindeira semana a nova directora comezará o traballo, no museo provincial, para coñecer polo miúdo tanto o continente como o contido do propio Museo Provincial para así poder converter o Museo nun servizo público e nun referente sociocultural non só na provincia, senón tamén a nivel do país e do Estado. Aurelia Balseiro tamén manifestou a súa vontade de realizar un verdadeiro traballo en equipo cos profesionais que conforman o cadro de persoal do museo e de poñer o seu traballo a disposición do mundo cultural lucense e da arte en xeral para conseguir ese obxectivo, xa iniciado, de facer do museo provincial un espazo aberto ao servizo dos cidadáns. Aurelia Balseiro é a persoa que colle o timón do Museo Provincial para levar a cabo a nova política cultural impulsada pola Área de Cultura. A nova directora do Museo Provincial, exercerá a dirección científica e facultativa do Museo Provincial, así como detentar a responsabilidade na conservación das coleccións que forman parte do Museo Provincial. Un dos cometidos de maior envergadura que vai levar a cabo a nova Directora do Museo será o de dotar ao Museo Provincial dun discurso coherente e dunha montaxe expositiva moderna, adecuando as infraestruturas do Museo ao novo proxecto museográfico e museolóxico que se deseñará desde a Dirección do Museo, dotando ao Museo Provincial. Trátase pois de ir creando un Museo que posúa identidade propia e que estea en constante movemento. (Nota: axuntanse curriculo de Aurelia Balseiro +, funcións da praza de dirección do museo aprobadas no pleno de febreiro da Deputación de Lugo + 2 cortes de voz + fotos) CURRICULO DE AURELIA BALSEIRO GARCÍA RESUMEN CURRICULUM VITAE • Licenciada con grao en Xeografía e Historia pola Univ. De Santiago coa especialidade de Museoloxía • Doutouranda (que non doutora) en Arqueoloxía • Investigadora (recoñecemento da Univ. De Santiago) • Formación pedagóxica complementaria • Conferencias relativas á Arqueoloxía do ouro e ao camiño de Santiago • Publicacións en revistas, periódicos, boletíns, actas de congresos relativas aos dous temas devanditos e á historia, arte ou arquitectura popular en xeral. • Experiencia como documentalista e traballo no eido das publicacións institucionais e en audiovisuais • Traballo no eido da xestión sociocultural da Administración Local dende 1991. CURRICULUM VITAE DATOS PERSOAIS APELIDOS: BALSEIRO GARCÍA NOME: AURELIA D.N.I.: 77.591.756-Z DATA E LUGAR DE NACEMENTO: O Vicedo (Lugo) 3-VIII-1967 ENDEREZO: Avda. Vila Verde, 27 – 5º E 27002 LUGO ESTUDOS UNIVERSITARIOS 1985-1990: Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela. Sección: Historia da Arte . Especialidade: MUSEOLOXÍA 1991-1992: programa de Doutoramento: “Arqueoloxía e Historia da Antigüidade” Departamento de Historia 1. Facultade de Xeografía e Historia. Univ. De Santiago. 29-9-1993: Recoñecemento de suficiencia investigadora positiva TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 1991. Memoria de Licenciatura (tesina): “El oro prerromano en la provincia de Lugo”. Dirección: Dra. Raquel Casal García. Calificación: SOBRESAÍNTE 1993. “A riqueza aurífera do Noroeste peninsular” Cursos Doctorado de Arqueoloxía. BOLSAS - Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para a participación no II Congreso de Arqueoloxía Peninsular de Zamora. Setembro 1996. - Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para unha estadía en centro de investigación (Instituto Valencia de Don Juan, Madrid). Xaneiro1997 - Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para unha estadía en centro de investigación: Musée des Antiquités Nacionales (París- Francia) FORMACIÓN COMPLEMENTARIA: *Curso de Aptitude Pedagóxica: CAP (Univ. De Santiago) 1991. *Monitora de Educación Ambiental pola Consellería de Familia (Xunta de Galicia) e Concello de Lugo. 1996 (300 h.) *Curso de Metodoloxía Didáctica. Consellería de Familia, muller e xuventude (Xunta de Galicia). 1997 (150 h.) CURSOS E CONGRESOS - Presenzas e Procesos: sobre as últimas tendencias da arte. Univ. Santiago. Outubro 1989 (25 h.) - Imaxes simbólicas. Emblemas e Historia da Arte. Univ. Santiago. Xullo 1989 (25 h.) - Imaxes e tipoloxías: algúns aspectos da Arte Moderna e Contemporánea en Galicia. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Novembro 1989 - Panorámica da historia da Arte en Portugal. Fundacións Calouste Gulbenkian e Pedro Barrié de la Maza. Maio 1990 - Creación de museos: o proxecto museográfico. Univ. De Santiago. Xullo 1990 - Curso sobre las actuais liñas de investigación en el ámbito de la arqueoloxía romana en España. Univ. De Santiago e A.P.A.G. Novembro 1990 - A idea e o sentimento da morte na historia da Arte da Idade Media. Univ. De Santiago. Abril 1991 - III Semana de Estudios Históricos. Deputación Provincial de Lugo. Setembro 1991 - Animadores de Grupos y ambientes. Escola de Tempo Libre e Animación sociocultural Don Bosco. Santiago. Febreiro 1992 (12 h.) - Encontro entre dous mundos. Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Decembro 1992 (20 h.) - Os asentamentos castrexos entro do contexto europeo atlántico. Univ. De Santiago. Xullo 1992 (40 h.) - Primeiras Xornadas Históricas e Arqueolóxicas da Mariña lucense. Consellería de Educación da Xunta de Galicia e concello de Foz. Marzo 1993 - XXII Congreso Nacional de Arqueoloxía. Vigo. Novembro 1993 - II Xornadas Históricas da Mariña Lucense. Concello de Foz. Maio 1994 - Arqueoloxía da península Ibérica. Univ de Santiago e concello de Cervo. Xuño 1994 - Conservación do patrimonio arqueolóxico. A.P.A.G. Pontevedra. Xuño 1995 (16 h.) - VII Semana de Estudios Históricos. Deputación Provincial de Lugo. Setembro 1995 - Monitor de Educación Ambiental. Consellería de Familia e concello de Lugo. Oct.95-febr96 (300 h.) - VIII Semana de Estudios Históricos. Deputación Provincial de Lugo. Setembro 1996. - II Congreso de Arqueoloxía peninsular. Zamora. Setembro 1996 - As orixes da cidade no Noroeste Hispánico. Lugo. Maio 1996 (35 h.) - Curso de Metodoloxía Didáctica. Consellería de Familia, muller e xuventude. Abril- xuño 1997 (150 h.) - IX Semana de Estudios Históricos. Deputación Provincial de Lugo. Setembro 1997 - III Congreso Internacional de Estudios Xacobeos. Santiago. Xunta de Galicia. Setembro 1997 (15 h.) - O protocolo na Administración Local. Deputación Provincial de Lugo. 1998 (30 h.) - X Semana de Estudios Históricos. Deputación Provincial de Lugo. 1998 - Seminario de Economía Galaico- romana. Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. 1998 - XI Semana de Estudios Históricos. Deputación provincial de Lugo. 1999 - 1ª Xornadas de explotacións mineiras romanas en Gallaecia. Concello de Ribas de Sil (Lugo) 2000. - VIII Xornadas Pedagóxicas do MPL Xuño 2000 (12 h.) - O comercio de reproducións de arte. CADG Deputación Prov. De Lugo. 2002 (9 h.) - Métodos e instrumentos para o deseño de políticas socioculturais e de participación cidadá. Deputación Provincial de Lugo. 2002 820 h.) - A arte galega no Museo Prov de Lugo (I). Deputación de Lugo. 2003 (40 h.) - O factor humano na Admón pública: desenvolvemento do persoal e grupos de traballo. Deputación de Lugo. 2003 (30 h.) - Curso de protección do patrimonio cultural. Xunta de Galicia. 2004 (21 h.) - Oportunidades de financiamento europeo no eido do emprego e asuntos sociais. Iniciativa Equal. Escola admón pública. Caixa Nova. 2004 (4 h.) - Acceso, carreira e dereitos dos empregados públicos locais. Deputación de Lugo. 2004 (50 h.) - A arte galega no MPL (II). Deputación de Lugo. 2004 (40 h.) - O Consello consultivo e a Admón Local. Consello consultivo de Galicia. 2005 ( 6 h.) - XV Xornadas pedagógicas do MPL deputación de Lugo. 2007 (12 h.) - Jornadas del buen gobierno y buena Admón de instituciones públicas. Centro de Estudos Locais de Lugo . 2007 (8 h.) - A arte galega no MPL (VI). Deputación de Lugo. 2008 (34,5h.) - XIV Xornadas Pedagóxicas do MPL. Cefore e MPL. Xuño 2008 (12 h.) - IV Encuentro Internacional “Actualidad en Museografía”. ICOM España.2008 (20 h.) … CURSOS INFORMÁTICA: - Servicios de Internet na Administración local. Lugo 1998 (20 h.) - Iniciación á xestión informática. Lugo. 2000 (50 h.) - Microsoft Word 2000. básico. Lugo 2002 (40 h.) - Microsoft Visual Basic. 6.0. Lugo 2002 (35 h.) - Microsoft Acces. 2000. básico. Lugo 2003 (40 h.) - Microsoft Internet Explorer 5.0. Lugo 2003 ( 25 h.) - Microsoft Excel 2000. básico. Lugo 2003 ( 40 h) - Microsoft Outlook 2000 Explorer. Lugo 2003 ( 15 h.) - Microsoft Excel 2000. Nivel experto. Lugo 2003 ( 40 h.) - Microsoft Powerpoint 2000. Nivel Experto. Lugo 2004 (20 h.) EXCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS: Castro de Barán (Paradela, Lugo). Dtor. Excavación: Antonio Álvarez Núñez. Xullo -agosto 1991 CONFERENCIAS IMPARTIDAS: - El comentario de las obras de arte nas II Xornadas sobre el comentario de texto. Burela (Lugo) 1991 - A cultura castreña nas conferencias organizadas pola Casa da Administración de Sargadelos (Cervo, Lugo). Febreiro- maio 1992 - A orixe do fascismo no Instituto de Bacharelato de Viveiro (Lugo). Marzo 1992 - Arqueoloxía do ouro: tipoloxía da orfebrería antiga no curso de verán da Univ de Santiago “Arqueoloxía da península Ibérica”. Xuño 1994 - Orfebrería antiga lucense no Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Marzo 1995. - As xoias dos nosos devanceiros. Aproximación á colección de ourivería antiga do MPL nas Xornadas Pedagóxicas do MPL. Xuño 1995 - Aproximación á orfebrería castrexa: El Tesoro Bedoya no curso de verán “Ferrol Terra Galaico Romana”. Xullo 1996 - Problemática do estudio da orfebrería prehistórica do Noroeste Peninsular no II Congreso de Arqueoloxía Peninsular. Zamora. Setembro 1996 - As producións metálicas: a ourivería no Seminario de economía galaico-romana. Vilalba decembro 1998 - Os camiños de Santiago. ano 1999 nos centros de F.P. de Burela; C.E.I.P. “Pedro Caselles Rollán” de Xove; “Vicente Casabella” de Ourol. - Santiago e a peregrinación. Ano 2000. C.E.I.P. de Muras; Sta. Mª de O Valadouro; “Álvaro Cunqueiro Mora” de Mondoñedo; “Rosalía de Castro” de Pol; “José Luis Tabeada” de Carballedo; “Luis Díaz Moreno” de Baralla; Pobra de Brollón; Nadela, Lugo; Xermade e I.E.S. de A Pastoriza. - Santiago e as peregrinacións. Ano 2002. C.E.I.P. de San Miguel de Reinante de Barreiros; Lourenzá; Meira; Parga de Guitiriz; Friol; Monterroso; Portomarín; “Frai Luis de Granada” de Sarria; Samos; Pantón. PUBLICACIÓNS - El comentario de las obras de arte en El comentario de Texto. Edit. A Mariña. Burela 1992. - El torques y la arracada, dos joyas arqueológicas de Burela. En La Voz de Galicia/A Mariña. 4/VII/1992 - Orfebrería prehistórica melidense en Boletín de Estudios Melidenses nº 7. 1992 - El torques de Burela en El Progreso 4/VI/1993 - Las pinturas de la antigua iglesia de Vila do Medio (Burela) en La Voz de Galicia / A Mariña. Xuño 1994 - Percorrido histórico-artístico polo Concello de Cervo (serie de 8 artigos) en La Voz de Galicia / A Mariña 1994 - Aproximación a la minería aurífera del Noroeste peninsular en Boletín do Museo Provincial de Lugo nº VI 1994 p. 159-170 - El oro prerromano en la provincia de Lugo. Deputación de Lugo. 1994 - Burela (Lugo) suplemento nº 43 da revista LVCVS. Deputación de Lugo. 1996 p.23-29 - Problemática del estudio de la orfebrería prehistórica del Noroeste peninsular. Actas del II Congreso de Arqueología Peninsular. Zamora 1996 - Tecnología del oro prerromana en el Noroeste peninsular en El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia. Deputación de Lugo. 1996 p.41-54 - Aproximación a la orfebrería castrexa: El tesoro Bedoya. Actas del curso Ferrol Terra GalaicoRomana. Concello de Ferrol. 1997 p.49-68 - Imágenes de Santiago en El Progreso 8/XII/1997 - Iconografía del Apóstol Santiago en Galicia en Lucensia nº 17 (vol. VIII) Lugo 1998 p- 375-382 - As producións metálicas: a ourivería en Economía Galaico-romana. Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. 1998 - Santiago en revista Semana Santa de Viveiro. 1999 - A igrexa da vila do Medio de Burela en revista “A Rula de Burela”. Setembro 1999 - Diademas áureas prerromanas. Análisis iconográfico y simbólico de la diadema de Ribadeo/Moñes. Deputación de Lugo. 2000 - El torques argénteo de Mondoñedo. Un producto foráneo. BMPL. 2000. - A ourivería na Idade do Bronce. BMPL nº 11 (vol 1.)2003-2004 - Os cabozos. Convivencia de varias tipoloxías na parroquia de Suegos (O Vicedo, Lugo) BMPL nº 12 (vol 1.) 2005-2006 - Textos e documentación do sitio web da Deputación Provincial de Lugo (Internet) - Coordinación, documentación e textos da publicación anual da Deputación Provincial de Lugo: O Gaiteiro de Lugo dende 1997 ata 2008 TRABALLO NON REMUNERADO - Labor de apoio na organización da exposición “Galicia no tempo”. Santiago de Compostela. Abril- maio 1992 - Estudo e catalogación da colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo. - Presentación e guión do programa de TV “O Camiño” realizado polo S.T.D. da Deputación de Lugo. - Secretaría da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo e traballos de organización de itinerarios culturais, charlas e disertacións sobre o Camiño de Santiago (1996-2000) - Documentación e guión do vídeo do S.T.D. da Deputación de Lugo “Viveiro, vila alegre”. 1999. EXPERIENCIA DE TRABALLO - Clases de literatura e Historia da Arte. Academia A Mariña (Burela) anos 1990-1991 - Técnico de cultura do concello de Cervo (Lugo) (1991-1994) - Secretaría do curso de verán da Univ. De Santiago de Compostela “Arqueoloxía da península Ibérica”. Cervo 1994 - Animadora sociocultural nas colonias de verán organizadas polo I.S.M. (Casa do Mar, Burela). Xullo 1995, 1997 e 1997. - Asesoría en materia cultural para a Deputación de Lugo (contrato adtvo. Ano 1997) - Auxiliar Servizo de Cultura e Comunicación da Deputación de Lugo (1998-2007) - Técnico de Actividades socioculturais da Deputación de Lugo dende 2007 ESTRACTO DA ACTA DA SESION ORDINARIA DE 26 DE FEBREIRO DE 2008 DO PLENO DA DEPUTACIÓN DE LUGO NO QUE SE APROBOU A CREACIÓN DO POSTO DE DIRECTOR/A DO MUSEO PROVINCIAL Crease o Posto de Director/a do Museo Provincial de Lugo, coas seguintes características: DENOMINACIÓN RX DOT CD CE TP FP GR-SUB ESC/SUB TIT SIT Director/a Museo provincial F 1 28 1781,21 S L A1 A2 6.7 VD Este posto de traballo provistarase ente persoal funcionario da Entidade ou persoal funcionario de Administración Local, Escalas Administración Xeral ou Especial, funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal ou por persoal funcionario doutros Corpos ou Escalas do resto das Administracións, incluído o persoal docente e universitario. Funcións: - Exercer a representación ordinaria do Museo Provincial de Lugo como responsabilizarse do funcionamento das súas instalacións. - Exercer a dirección científica e facultativa do Museo Provincial de Lugo. - Como responsable da conservación das coleccións do Museo Provincial de Lugo debe velar e responder do funcionamento do mesmo no referente ao asentamento de inventarios, catalogación, conservación, control de reservas, investigación e adopción de medidas de seguridade. - Exercer a dirección funcional de todo o persoal do Museo Provincial de Lugo, facendo especial fincapé na dirección e coordinación dos departamentos científicos do Museo Provincial de Lugo. - Os lugares e ámbitos de conservación e exposición do Museo Provincial de Lugo estarán baixo a súa responsabilidade en coordinación cos correspondentes Servizos da Deputación Provincial de Lugo. - Debe coordinar os reacondicionamentos, reformas, adaptacións e ampliacións do edificio ou edificios do Museo Provincial de Lugo en coordinación cos correspondentes Servizos da Deputación Provincial de Lugo. - Propoñer as adquisicións de pezas, xestionar os depósitos e doazóns e dispoñer, entre a totalidade de fondos e coleccións, cales deben ser expostos con carácter permanente en coordinación dos departamentos científicos do Museo Provincial de Lugo e unha vez sometida a súa proposta á aprobación da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. - Conxuntamente coa Xerencia da Rede Museística Provincial na que o Museo Provincial de Lugo está integrado, debe elaborar e presentar perante a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, o anteproxecto anual de orzamentos. - Coordinar coa Xerencia da Rede Museística Provincial a prestación dos servizos que sexan precisos por parte do persoal do Museo Provincial de Lugo nos outros museos da Rede, especialmente por parte do persoal dos departamentos científicos. - Cantas outras funcións de dirección, destinadas a mellorar o cumprimento das obrigas do Museo Provincial de Lugo, lle sexan asignadas polos responsables da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.