Deputación de Lugo

Lara Méndez brinda o apoio da Deputación aos empresarios cos orzamentos do INLUDES para 2010

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda do organismo provincial participa na entrega do II Premio Xoven Empresario de Lugo que concede AJE

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na gala de entrega do II Premio Xoven Empresario de Lugo que tivo lugar no Gran Hotel da cidade luguesa. Lara Méndez aproveitou este encontro cos empresarios da provincia para brindarlles o apoio da Deputación cos orzamentos do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social para 2010. A Asociación de Xóvenes Empresarios fixo entrega destes galardóns á emprendedores menores de 40 anos valorando, segundo AJE, as boas prácticas dos empresarios, e o fomento do traballo co seu negocio. A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego salientou que “sodes exemplo de que, malia a crise, con esforzo e apoio, podemos facer realidade grandes proxectos, impulsar a economía da provincia, e crear emprego. E para seguir por este camiño, mañá aprobaremos os presupostos do INLUDES, dotados de 14 millóns de euros, e cos que impulsaremos as novas tecnoloxías, o sector agrogandeiro, e a creación de emprego”. Lara Méndez deu contas aos empresarios das principais apostas destes orzamentos, e adiantoulles que, por terceira vez consecutiva, adícanse preto de 700.000 euros en subvencións para aos autónomos. “Debido ao éxito das anteriores convocatorias, reeditamos estas axudas coas que a Deputación asume os gastos correntes dos vosos negocios”. Da mesma forma, a Vicepresidenta Segunda explicou os obxectivos de ambiciosos proxectos como o Innova-TE , que levará a rede a todos os Concellos da provincia; a creación do primerio centro de recría público en España nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, que aforrará cartos aos gandeiros; ou o Pacto Provincial polo Emprego, que fomenta o traballo estable. “Estas son algunhas das nosas políticas de actuación das que queremos darvos conta para que saibades que a Deputación está ao voso carón construíndo o futuro da nosa provincia” incidíu. Galardoados e asistentes José Luís Rodríguez Varela, dono da empresa Climatecnic Confort, foi o gañador do II Premio Xoven Empresario de Lugo dotado de 2.000 euros. Ao mesmo tempo, tamén foron galardoados Saúl Vérez Fernández, da entidade SCA Informática, e Manuel Aira Lolo de Ambs Lab. Ao acto de entrega, ademáis da Vicepresidenta Segunda da Deputación, tamén acudiron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Vicereitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, o Vicepresidente da Confederación de Empresarios de Lugo, David García, a Adxunta á Presidencia de El Progreso, Blanca de Cora García, e o Xefe da Área de Negocio de La Caixa, Jose Manuel Caamaño.