Deputación de Lugo

150 persoas disfrutan do Miño coas ceas románticas de Ligoteando

Imaxe deputación de lugo
O Presidente supervisou as obras de reforma do mercado gandeiro incluídas no pago do canon, que rematarán nos próximos días
Gómez Besteiro anuncia que na Xunta de Goberno do vindeiro venres aprobará a contratación do abastecemento de auga do polígono dos Acivros por preto de 190.000 euros
O máximo responsable provincial inaugurou o local social de San Vicente de Argozón reformado co Plan de Comunidades Veciñais

Preto de 70 persoas xa están inscritas para participar na segunda cea romántica polo Miño con Ligoteando, que terá lugar este venres na Área Recreativa dos Robles. Tralo éxito da primeira cita, o 9 de xullo, con máis de 80 comensais, a demanda volve ser moi alta. Todos os interesados poderán reservar praza ata o mesmo día chamando ó número de teléfono 982 120 064 ou na carpa situada en devandita área recreativa. O prezo é de 25 euros por persoa. Ligoteando, que está dirixida tanto a parellas como a grupos de amigos, un inclúe un paseo en catamarán polo río amenizado con música chill-out a cargo do Dj lucense Doctor Think, mentres acompañan ese momento cunha copa de viño da Ribeira Sacra. Logo, terán unha cea romántica no restaurante “Os Robles” na que degustarán: crepes recheos de marisco, croquetas caseiras de marisco envoltas en filloas, ensalada de verán, brocheta de carne á grella co patacas, tellas con xeada, máis viño e café. Éxito de participación Esta é unha das actividades máis solicitadas dentro do program lúdico- medioambiental Lugoteando que promove a Deputación no Miño dentro do Lugo10, e que está a ser todo un éxito dende a súa posta en marcha o pasado 5 de xullo. Ata o momento, máis de 550 persoas participaron nas diversas actividades organizadas no río para vencellar a Muralla, no décimo aniversario da súa declaracións como ben Patrimonio da Humanidade, e o contorno natural da cidade. Polo que se refire ás actividades de multiaventura de Lugoteando, nunca antes vistas na provincia, ata o momento participaron arredor de 400 persoas. As actividades, que se desenvolven ata ó 22 de xullo, están dirixidas a toda a familia e organízanse en grupos de 8 persoas que poderán realizar ata 4 actividades en cada quenda, coñecendo unha nova faciana do río ata o de agora descoñecida e por tan só 5 euros. Como inscribirse Todos os interesados poden inscribirse a través do número de teléfono: 982-120-064 dende ás 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 ás 20:00, e tamén na carpa que está situada na Área Recrativa dos Robles. Para máis información: www.deputacionlugo.org, www.lugo.es, www.lugo10.es, ou no teléfono de información municipal 010. No caso dos menores de idade, terán que traer unha autorización asinada dos pais ou titores que poden descargar nas webs. Con Lugoteando a Deputación cumpre con todos os compromisos adquiridos durante 10º aniversario da Muralla: a celebración da I Gala Muralla Moda; a presentación do Barco Muralla de Lugo, unha embarcación única en España que fai eco da provincia por todo o país; e o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas.