Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación inaugurará mañá Km0 Xtreme cunha viaxe en helicóptero en Ribadeo

Imaxe deputación de lugo
Este programa de deporte e multiaventura, incluído en Km0, tamén prevé esta semana voos na capital e na Ribeira Sacra

Km0 Xtreme inclúe 14 rutas, das que 10 son de balde O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará este martes, 15 de setembro, Km0 Xtreme, unha iniciativa pioneira en España incluída no programa de visitas medioambientais Km0. Este innovador programa inclúe 14 rutas, 10 delas de balde, que teñen por obxectivo a posta en valor das Reservas da Biosfera a través do deporte e a multiaventura. Km0 Xtreme comezará esta semana con tres rutas en helicópetero nas que cada participante aboa 50 euros. A primeira delas será mañá en Ribadeo e están apuntadas 24 persoas. O helicóptero, ó que tamén se subirá Gómez Besteiro, sairá do aeródromo de Villaframil e fará voos sobre a ría duns 15 minutos de duración. En cada viaxe poderán subir un máximo de 5 persoas. O mércores realizarase a ruta “Lugo Centro”. Neste caso, o helicóptero despegará do entorno dos Robles, e sobrevoará o Lugo histórico. Nesta ocasión participarán 48 persoas, que son os 24 gañadores do sorteo celebrado durante o Arde Lucus que irán cada un cun acompañante. Polo que se refire ó xoves, Km0 Xtreme trasladarase á Ribeira Sacra, onde tamén estará o máximo responsable provincial. O helicóptero partirá da Pobra do Brollón, e os participantes disfrutarán dende o aire das espectaculares vistas desta zona do sur da provincia. As 10 rutas gratuítas son: “De Campamento” (onde cada equipo terá que realizar exercicios para ir sumando puntos), “De Multiaventura” (tiro con arco, canoas e rastrexo), “Na Diana” (tiro con arco e explicación do medio natural), “Oriéntate!” (deporte de orientación), “A Cabalo”, “Lugo Vertical” (escalada), “Lánzate!”, (tirolina), “BTT” (bicicleta de montaña), “Colle a Onda!”, (deportes náuticos como o surf ou o windsurf), e “Móllate!” (vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico). Pero ademais, a Deputación facilita ós participantes outras catro rutas de pago que desenvolverán empresas asentadas na provincia de Lugo: Submarinismo”, que inclúe actividades de 6 horas de duración como buceo en piscina; “Englóbate!”, con viaxes en globo de 1 e 3 horas sobrevoando a provincia de Lugo; “Lugo Aéreo”; e “Globo Cautivo” (vista aérea), son voos de 15 minutos en helicóptero. Os interesados que desexen apuntarse terán que entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org e descargar a folla de inscrpción e enviarla á dirección de correo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).