Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación analiza con técnicos provinciais o parque industrial de Friol

Gómez Besteiro desprazouse ata o polígono friolense para coñecer de primeira man a situación na que se atopa esta infraestrutura que leva construída desde 2006

O responsable provincial reanudou as visitas á provincia achegándose ós Concellos de Friol e Palas de Rei donde mantivo conversas cos veciños da zona O Presidente da Deputación visitou as obras do parque infantil de Palas, incluída no Plan de Obras de Pequenas Infraestruturas, e prometeu a construción doutro no Colexio O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reanudou este mércores o programa de visitas institucionais ós Concellos da provincia. Concretamente desprazouse ata Friol e Palas de Rei donde mantivo entrevistas cos Alcaldes e cos veciños. No primeiro caso, Gómez Besteiro aproveitou a visita para analizar, xunto cos técnicos provinciais, a situación na que se atopa o parque industrial friolense que leva construído desde 2006. Deste xeito, o máximo mandatario provincial atendeu in situ ás explicacións aportadas polos expertos de SUPLUSA relativas á área industrial que conta con 149.700 metros cadrados e un presuposto de 1.012.690 euros. A este respecto, o máximo mandatario provincial destacou que “reanudamos as visitas ós Concellos e hoxe estuvemos vendo tanto as obras que está facendo a Deputación dentro Plan de Obras e Servizos como de rexeneración da vía provincial. Tamén supervisamos como vai o polígono industrial, xa que é extraordinariamente importante que os polígonos terminen de ser urbanizados e así o imos facer”. Malia que a urbanización está finalizada segue pendente o remate da obra eléctrica. Con todo, Gómez Besteiro adiantou que “probablemente en quince días quede concluído o proceso de rexistro para que os novos propietarios se incorporen e poidan presentar os proxectos empresariais. Ademais, nesta época de crise é necesario que se reactiven as áreas industriais e ademais estamos prestando mellores condicións económicas. Nestes momentos non é época de achantarse senón de botarse para adiante porque todo o que é obra pública contribúe a que se reactive a vida económica da provincia”. Melloras en diversas estradas Dentro do compromiso de cooperar cos Concellos da provincia, tamén coñeceu os núcleos urbanos de Cabana e Outeiro donde está previsto que as máquinas do parque móbil da Deputación inicien nos vindeiros días os traballos de arranxo do pavimento de distintos viais. Na viaxe realizada ó municipio de Friol o titular da institución provincial tamén visitou o treito de seiscentos metros da estrada que vai de Friol a Parga, e que se enmarca dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2007. A Deputación levou a cabo a rehabilitación do pavimento desta obra que fora adxudicada á empresa ASOGAL por un importe de 58.200 euros e que supón unha das principais vías do casco urbano. Ademais, Gómez Besteiro estivo na estrada provincial que vai a Torre de Castronela, na parroquia de Xiá. Os traballos de acondicionamento do vial levados a cabo pola Deputación, de 1,760 metros e pertencente ó Plan Operativo Local (POL) de 2005, remataron no mes de outubro. Contaron cun orzamento de 224.114 euros. Compromisos cos nenos de Palas de Rei Dentro da liña de colaboración cos Concellos da provincia, o responsable da institución provincial tamén quixo achegarse ata o Concello de Palas de Rei, un dos municipios que, xunto con Monterroso e Antas de Ulla, conforman a comarca da Ulloa. Neste caso, Gómez Besteiro supervisou as obras do parque infantil da Praza de Galicia. O Presidente da Deputación explicou que esta actuación “se inclúe dentro do Plan de Obras de Pequenas Infraestruturas dotado con 900.000 euros. 39 Concellos de menos de 5.000 habitantes, agás os afectados polo reparto do canon enerxético, benefícianse deste proxecto aprobado por unanimidade polos tres grupos provinciais. Palas de Rei é un exemplo dos que se acolleron a este Plan”. Para a execución das obras do parque a Deputación destinou 17.000 euros. A axenda do día tamén incluíu unha visita ó Colexio de Palas de Rei. Gómez Besteiro entrevistouse con 180 alumnos de entre 3 e 12 anos e con profesores e membros da APA ós que lles brindou a colaboración da Deputación para a construción dun parque infantil no centro educativo e unha visita do programa Km0. Tanto mestres como representantes da Asociación de Pais e Alumnos de Palas de Rei agradeceron a visita do Presidente da Deputación ó tempo que indicaron que “nunca unha personalidade tan importante para a provincia decidiu visitarnos e coñecer as nosas necesidades”. Asimesmo, dentro do compromiso da Deputación co sector agrogandeiro, Gómez Besteiro tamén visitou a SAT (Sociedade de Traballo Asociado) de Vilar de Donas, unha das máis importantes da zona en canto a sistemas de ordeño, xénetica do gando, etc. Recepción Oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi recibido polos Alcaldes dos Concellos de Friol e Palas de Rei, Antonio Muíña Pena e Fernando Pensado Barbeira, respectivamente. Logo de saudar ós membros das Corporacións Municipais e de asinar nos Libros de Ouro, Gómez Besteiro fíxolles entrega dunha bufanda de seda e unha lámpada elaboradas polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Para Gómez Besteiro, esta viaxe dá continuidade “a liña que vamos a seguir na Deputación aínda que a algún lle pese, xa que o noso deber é a axudar ós municipios naquelo que é necesario, pero sobre todo, que se sintan respaldados pola Institución”. O Concello de Friol conta cunha poboación de 4.490 habitantes e unha superficie de 292,35 quilómetros cadrados, ademais de 378,08 quilómetros de estradas, dos que 125,48 son de titularidade provincial. No caso de Palas de Rei, este municipio ten 3.759 habitantes e 199,99 quilómetros cadrados de superficie municipal, ademais de 334.92 quilómetros de estradas, dos que 73,84 son de titularidade provincial.