A Deputación adquire 1.200 toneladas de emulsión asfáltica para a mellora de vías municipais
A finais de año coñeceranse as conclusións da auditoría que a Deputación encargou á UDC sobre a protección de datos de carácter persoal nos 55 municipios, que solicitaron esta liña de Cooperación A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación provisional de 1.200 toneladas de emulsión asfáltica de grande durabilidade por valor de 235.712 euros, que serán empregadas polas máquinas do Parque Móbil para o arranxo, mantemento e limpeza de vías municipais. O voceiro provincial socialista subliñou a colaboración que está a levar a cabo o organismo provincial cos Concellos da provincia neste eido. Estamos a facer un esforzo importante, pero á vez imprescindible, para atender ás necesidades dos Concellos, contrariamente ó que fixo o Partido Popular que, entre outras cousas, o que fixo foi desmantelar o Parque Móbil, de xeito que inutilizaron un instrumento fundamental de cooperación cos Concellos de menores recursos. Neste senso, lembrou que este mércores o Presidente supervisou en Monterroso dúas destas vías que foron melloradas coa colaboración da Deputación. Son obras pequenas, pero necesarias, e son un exemplo da colaboración cos municipios. Hoxe estas máquinas están a traballar en pistas da Pastoriza, As Nogais, Riotorto, Cervantes e Taboada. Gato Soengas destacou que son Concellos de distinta cor política, cousa que antes non se facía. Co obxectivo de satisfacer esta demanda, o actual equipo de goberno incrementou o presuposto do Parque este ano nun 90%. Protección de datos nos Concellos Gato Soengas anunciou que a finais de año coñeceranse as conclusións da auditoría que a Deputación encargou á Universidade da Coruña sobre a situación da protección de datos de carácter persoal en 55 municipios, que solicitaron adherirse a esta liña de Cooperación. Esta é unha cuestión moi importante porque hai que ter un rigor no uso destes datos de carácter particular. Para o mes de decembro, esta auditoría estará feita e coñeceremos as conclusións que serán trasladadas ós Concellos para poder establecer liñas de colaboración neste eido. Outros acordos da Xunta de Goberno Ademais, a Xunta de Goberno deu o visto e prace a 14 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que 3 pertencen ó ano 2007 e o resto a 2008. Suman 134.215 euros, dos que a Deputación subvenciona 94.158. Pertencen ós Concellos de Guntín, Lugo (2), Becerreá, O Valadouro, Vilalba (7) e Viveiro (2).