Deputación de Lugo

A Deputación dá a coñecer a Muralla e os Camiños a investigadores de todo mundo

Imaxe deputación de lugo
Regina Polín recibe no Pazo de San Marcos a máis de 50 participantes nun congreso internacional sobre química

A Deputada de Economía, Regina Polín recibíu este luns no Pazo de San Marcos a máis de 50 investigadores de todo o mundo que están a participar no Campus de Lugo nun congreso sobre química. Regina Polín aproveitou a visita destes profesionais para promocionar de cara ó exterior a Muralla e os Camiños que atravesan a provincia. Regina Polín destacou que o organismo provincial, consciente da oportunidade económica que brinda o Xacobeo, converteuse con Km0 a Compostela na primeira administración cunha programación previa e estable ó Ano Santo. Deste xeito, a responsable da área de Economía convidou ós investigadores a facer o Camiño en Lugo. Da mesma forma, Polín destacou que este ano a provincia celebra ademais o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO, outro acontecemento único que sitúa a Lugo no mapa internacional, e que Deputación e Concello están a potenciar mediante a campana Lugo10. A International Society for Biological Calorimetry, unha organización sen ánimo de lucro involucrada na investigación das técnicas calorimétricas para o estudo dos seres vivos, escolleu a Universidade de Lugo como escenario dun congreso que se celebra cada dous anos en distintas facultades do mundo. Deste xeito, investigadores de Estados Unidos, Arxentina, Inglaterra, Alemaña, Polonia, Italia e Suecia impartirán na provincia as principais conferencias sobre os seguintes temas: biomacromoléculas, comida e farmacéutica; células, microorganismos e saúde; plantas e animais; instrumentación e biotecnoloxía; e ecosistemas e sostenibilidade.