Deputación de Lugo

A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBOU DÚAS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DESTINADAS A ENTIDADES VECIÑAIS E UNHA SUBVENCIÓN PARA O MANTEMENTO DE CENTROS PÚBLICOS

A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBOU DÚAS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DESTINADAS A ENTIDADES VECIÑAIS E UNHA SUBVENCIÓN PARA O MANTEMENTO DE CENTROS PÚBLICOS

O vicepresidente Antón Bao informou, na habitual rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, da aprobación de dúas axudas correspondentes ao plan de cooperación con comunidades veciñais do ano 2006, que corresponden aos concellos de Samos e do Corgo. A suma das dúas subvencións, destinadas á promoción social e cultural dos concellos e á realización das actividades de animación, superan os 3.000 euros. A maiores, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou unha subvención de 7.140 euros destinados ao mantemento de equipamentos de atención primaria dos centros de titularidade e tamén unha axuda 10.500 euros para a promoción do ocio infantil pública ámbalas dúas axudas pertencen ao Concello de Burela. Antón Bao salientou tamén que o Programa Provincial de Teleasistencia Domiciliaria contará cunha nova alta, trinta baixas definitivas quince suspensións temporais, un cambio de domicilio, dous reinicios do servizo e un cambio de titularidade. Por último, o vicepresidente da Deputación comunicou unha rectificación no texto do acordo de aprobación do convenio regulador da subvención extraordinaria a favor do Concello de Morforte de Lemos para o equipamento do Centro de Viño da Ribeira Sacra e aprobación da orde de pagamento aos equipos participantes na XXV Copa Deputación de Fútbol nas categorías preferente autonómica, primeira, segunda e terceira autonómica.