Deputación de Lugo

Gómez Besteiro anuncia en Burela que a Mariña será o lugar elexido para presentar o Barco Muralla de Lugo

Imaxe deputación de lugo
Será un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, co que a Deputación homenaxeará ó Monumento no seu 10º aniversario como Patrimonio da Humanidade, levando o seu nome por toda a xeografía española
O titular provincial clausurou as XVII Xornadas Técnicas de Expomar 2010 que se desenvolveron estes días en Burela

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este venres as XVII Xornadas Técnicas de Expomar 2010 que se desenvolveron onte e hoxe na Confraría de Pescadores “San Juan Baustita” de Burela. Este é o terceiro ano consecutivo que o titular provincial participa neste encontro “que xa é un referente para o sector non só en Lugo, senón tamén en Galicia”. No acto, no que tamén participaron o Alcalde do municipio mariñano, Alfredo Llano, e o Xefe Territorial de Pesca, Vidal Martínez Sierra, Gómez Besteiro anunciou que a Mariña será o lugar escollido para presentar o Barco Muralla de Lugo. Será un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, en forma de barco pesqueiro, que homenaxeará ó Monumento bimilenario no seu décimo aniversario como Patrimonio da Humanidade, levando o seu nome por toda a xeografía española. O Barco Muralla de Lugo non só funcionará como aula medioambiental, promocionando a provincia, senón que “surcarᔠas estradas para estar presente en feiras e festas contribuíndo á comercialización dos produtos autóctonos lucenses. Ademais, estará totalmente ambientado nos barcos da mariña luguesa. Gómez Besteiro realizou este anuncio no transcurso da clausura das xornadas nas que tamén destacou que a Mariña é un dos motores económicos máis importantes de Galicia. Deste xeito, apuntou que, tal e reflicte o Plan Estratéxico da provincia que elaborou a Deputación, Burela e Celeiro contabilizan a flota industrial da provincia e son un referente na actividade portuaria galega e mesmo española. Neste senso, sinalou que o documento pon de relevo que nesta zona da provincia existe unha flota de referencia en determinadas especies como o bonito, a pescada ou o mero, e unha flota de altura claramente competitiva que faena principalmente en augas comunitarias. Asimesmo, o máximo mandatario provincial lembrou que, malia que a Deputación non ten compentencias en materia pesqueira, xa que estás correspóndenlle as administracións autonómica e estatal, tamén colabora no financiamento de proxectos impulsados polas confrarías e asociacións marítimas.