Deputación de Lugo

Lara Méndez inaugura as xornadas sobre Análise de Audiencia e Audimentría organizadas pola Fundación TIC

O Director de Nielsen Edi impartiu a primeira conferencia na que se abordou a medición da audiencia en cine

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inaugurou este venres as xornadas sobre Análise de audiencia e Audimetría incluídas dentro do programa de actividades formativas do curso escolar 2008/2009 da Fundación TIC. Méndez destacou que iniciativas como a que hoxe presentamos poñen de relevo que as TIC son unha ferramenta necesaria para prestar un servizo axeitado e eficaz ós cidadáns. Hoxe, por exemplo, non se entidade unha administración sen as denominadas tecnoloxías da información e da comunicación. O acto inaugural, que contou coa presenza do Director da EIS de Lugo, José Antonio Corredoira, e do Director Xeral de Nielsen EDI en España, José Manuel Pimenta, a Vicepresidenta Segunda explicou que na Deputación estamos facendo unha aposta forte pola formación audiovisual a través da Fundación TIC. Grazas ó programa de bolsas de formación en empresa contribuímos á inserción do alumnado en empresas de toda España. Resulta gratificante atopar na nosa actividade diaria e en distintas empresas de comunicación a técnicos formados na nosa escola e na nosa provincia. Méndez amosou a súa sastisfacción pola decisión da Xunta de Galicia de crear na vindeira lexislatura unha dirección xeral específica para as tecnoloxías da información e da comunicación, o que estou segura servirá para consolidar o audiovisual galego. Institucións e empresas privadas temos que sumar esforzos para aproveitar a calidade que existe en Galicia e ser competitivos fóra. O encontro ten como obxectivo facilitar información ós alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo sobre a importancia e o valor do coñecemento das diferentes tipoloxías de audiencias, das variables sociolóxicas e psicolóxicas do público para a elaboración de informes que deben orientar e servir de referencia nos procesos de creación dos contidos audiovisuais. As xornadas continuarán a partir do luns 26 e ata o xoves 29 de xaneiro, na Escola de Imaxe e Son de Lugo, con sesións de traballo impartidas por María Jesús Calvo Poch, licenciada en Ciencias da Información e especializada en marketing, publicidade en cine, merchandising e promoción. A primeira conferencia, Medición de Audiencias en Cine, correu a cargo do Director de Nielsen EDI en España, José Manuel Pimenta. A audimetría é un sistema aceptado por todos os axentes que interveñen no sector audiovisual para coñecer ó espectador, intentar predecir o seu comportamento e saber cales son os seus gustos e preferencias. Nielsen EDI Nielsen EDI é, sin lugar a dúbidas, a empresa líder a nivel mundial na captación de datos e creación de informes de taquilla diaria en tempo real. Está presente no mercado americano, en Australia, en Arxentina, México, Francia, Alemaña, España, Reino Unido e, máis recientemente, en Portugal. Ofrecen datos de Corea e Xapón e teñen previsto un plan de expansión cara Asia, así como países do Norte e Leste de Europa. Este posicionamiento de Nielsen EDI permite que José Manuel Pimenta sexa, con toda seguridade, unha das persoas que mellor coñece o panorama actual referido a datos de taquilla, cifras de espectadores, recadación e perfís de audiencia do cine en España e no mundo. Pimenta tamén participou esta mañá no Almorzo On/Off organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. É licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Desde o ano 1996 está vinculado con Nielsen Edi, pero foi no ano 2000 cando ocupou o posto de Director Xeral para España e Portugal, responsabilidade que mantén na actualidade.