Deputación de Lugo

A Deputación súmase ós actos do día mundial contra o cancro de mama

Méndez, Orozco e Portomeñe, xunto a outros membros da corporación local, participación na colocación dun gran lazo rosa na Praza Maior de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, xunto a outros membros da corporación local, participaron este mércores nos actos conmemorativos do día mundial contra o cancro de mama organizados na capital lucense pola Asociación de loita contra o cancro e o grupo El Progreso, coa colaboración de diversas institucións e empresas privadas.

A comitiva participou na colocación dun gran lazo de cor rosa na praza Maior, concretamente diante da Casa Consistorial lucense, composto por 300 pequenos lazos de 40 centímetros de lonxitude. O acto rematou coa lectura dun manifesto a cargo da Presidenta da Asociación de loita contra o cancro, María Concepción de Martín Varela, e da Presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.

O Concello de Lugo tamén se sumou os actos deste día coa colocación doutro lazo rosa na fachada do Centro cívico Uxío Novoneyra.