Deputación de Lugo

O CENTRAD convoca para o luns a entrevista persoal que deben superar os aspirantes ás becas de artesanía e deseño

Imaxe deputación de lugo
O resultado desta proba é un dos criterios que se terán en conta á hora de valorar ós demandantes das bolsas de estudo, xunto ó nivel curricular e o proxecto de actuación propostoOs beneficiarios daranse a coñecer a primeiros de maio a través do taboleiro de anuncios do INLUDES e da páxina web www.deputacionlugo.orgA Deputación concederá 5 becas, dotadas cada unha con 12.000 euros e cun ano de duración. O obxectivo é apoiar un sector cun potencial importante para xerar emprego e riqueza na provincia

O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación convocou para este luns, día 18, as entrevistas persoais que deberán superar os 15 aspirantes ás primeiras bolsas de estudo de artesanía e deseño de Lugo, que concede o organismo provincial. As probas celebraranse a partir das 16:00 horas no Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), situado no número 140 da Ronda da Muralla.

O resultado desta proba é un dos tres criterios que se terán en conta á hora de valorar ós demandantes das becas. Deste xeito, a entrevista persoal poderá puntuar hasta 40 puntos sobre 100; o nivel curricular do peticionario, ata 40 puntos, e o proxecto de actuación para o que se solicita a axuda, ata un máximo de 30. A Deputación espera dar a coñecer a lista de beneficiarios a principios do mes de maio. Os resultados do proceso de selección expoñeranse no taboleiro de anuncios do INLUDES e na páxina web www.deputacionlugo.org

Este primeiro Programa de Bolsas de Estudos para o Desenvolvemento e o Deseño da provincia inclúe 5 axudas, dotadas cada unha delas con 12.000 euros e cunha duración dun ano. A iniciativa, cuxo orzamento total ascende a 60.000 euros, busca dar apoio para conservar e potenciar o deseño e a artesanía, un sector económico moitas veces esquecido polas administracións e cun potencial importante para a xeración de emprego e riqueza en Lugo.

As bolsas convocadas polo CENTRAD están destinadas a:
1. Aumentar as vendas dos artesáns lugueses. A base de datos co catálogo de artesáns da Consellería de Industria non está actualizada. É imprescindible facer un estudo de campo para actualizar o rexistro de artesáns, así como dos produtos que poden ofrecer ó consumidor, requisitos imprescindibles para aumentar as vendas. Os bolseiros poden ser investigadores, historiadores, documentalistas, artesáns...

2. Axudar ás familias cos custes de formación. A formación en Artes non é habitual nos programas educativos, excepto nalgún caso de cerámica. Isto esixe un enorme esforzo económico ás familias cando un dos seus fillos necesita continuar cos seus estudios ou especializarse, xa que o máis habitual é ter que facelo fóra de Galicia.

3. Facer rendible o traballo en equipo de deseñadores de moda ou complementos e artesáns. Esta unión ten na actualidade excelentes resultados que Deputación e Concello queren ampliar en Lugo. A fusión é unha nova vía de negocio que ten moitas posibilidades como nicho de emprego.

4. Innovar os produtos artesanais. Moitos artesáns lugueses traballan dun modo tradicional e descoñecen como aproveitar as tecnoloxías. Mellorar os procedementos de traballo, desde a creación do produto ata a posta a venda, é o obxectivo desta bolsa aberta tamén a perfís como deseñadores industriais, artesáns, investigadores, informáticos, etc.

5. Potenciar a fábrica de Sargadelos. A Deputación amosou de moitas formas o seu apoio incondicional á fábrica de Sargadelos, en Cervo, unha firma de deseño e creación de porcelana con máis de dous séculos de historia vencellados á cultura galega en tódolos eidos da creatividade. A fábrica recibiu con gran interese esta nova oferta da institución provincial para que deseñadores ou artesáns poidan ter no centro unha bolsa de estudos no sector da cerámica.